O certame será o lugar elixido por diversas producións para estrearse en España. Ademais, grandes nomes coma Peter Emanuel Goldmon, Aloysio Raulino e Ozualdo Candeias, que centrarán as retrospectivas deste 2018, estarán presentes.
O festival fai tamén unha aposta polo cinema doméstico, tanto na inauguración coma no ‘Home movie day’ o martes día 1, recompilado material rodado por veciños de Tui nos anos 60 e 70.
Beli Martínez, responsable da programación do audiovisual galego, destacou que se proxectarán tres longametraxes –‘Alix. La línea de la Sombra’, de Alberto García; ‘Trinta Lumes’, de Diana Toucedo e ‘Os fillos da vide’, de Ana Domínguez-.
Así mesmo, pasaranse sete curtas: ‘M.’, de Ángel Santos; ‘O salvaxe leva o seu tempo’, de Oliver Laxe; ‘Salitre nas veas’ e ‘Caerán Lóstregos do ceo’, de Adrián Canoura; ‘Nueva Galicia’, de Iván Nespereira; ‘Algunhas nubes flotan lonxanas’, de Gonzalo E. Veloso e ‘O fareiro de Sálvora’, de Gloria Vilches, con presenza diaria na programación.
Ademais Oliver Laxe, Lois Patiño e Eloy Enciso amosarán no Play Doc os proxectos nos que están a traballar.