Na emblemática rotonda do Can de Pedra, a veciñanza reuniuse en torno a un chimpín cargado de agasallos, que foron entregados por Pablo Louro, delegado de Gadis en Pontevedra, que se amosou “orgulloso de colaborar cun evento tan participativo e tan emblemático como o Festival de Cans”.
Deste xeito, o Festival pretende tratar de agradecer aos veciños e veciñas a súa xenerosidade á hora de abrir os seus galiñeiros, baixos e jalpóns a todo o público que pasa por Cans para que poidan gozar libremente deles. Hai máis de vinte casas particulares que se poñen a disposición do festival os días do evento, e sen a contribución de veciños como Alicia Sánchez, Manuel Cid e Chelo Fortes, ou Constante Romero e Chelo Casalmorto entre outros, non poderiamos gozar de espazos como o Jalpón de Alicia, o Cuberto de Chelo ou a Casa do Cid.
Este é un dos actos de entrega que organiza o festival, despois de que hai unhas semanas, o festival e a cadena Carlin, entreganse máis de 20 bonos desconto en material escolar ós case trinta nenos e nenas que colaboran no festival como guías dos camiños. Deste xeito, o Festival de Cans quere contribuír a facer unha axuda en material educativo e ó mesmo tempo premiar a responsabilidade e o entusiasmo destes nenos e nenas de Cans que teñen idades entre os oito e os doce anos. Os guías dos camiños son a primeira actividade que fai cada persoa de curta idade que entra a colaborar na organización do Festival, para ir coñecendo outros apartados organizativos a medida que van cumprindo anos.
O Festival de Cans anunciou xa as súas datas para o ano 2017, que terán lugar do mércores 24 ó sábado 27 de maio. Nestes momentos a organización está mantendo contactos e reunión con diversas institucions públicas e privadas, para tratar de completar o presuposto, ó mesmo tempo que en breve comezará a súa campaña de apadriñamento de jalpóns que tanto éxito tivo nas últimas edicións entre a pequena e mediana empresa.