Mickybo and me é unha comedia dramática irlandesa que trata da amizade entre dous rapaces, un católico e outro protestante, obsesionados cos personaxes de Butch Cassidy e The Sundance Kid. No medio do conflicto do Belfast dos anos 70, os dous nenos soñan con escaparse a Australia.
O ciclo poderá gozarse no Auditorio do Edificio Cambón (Casco Vello) a partir das 20.00 horas. Nesta ocasión, ao remate da proxección, haberá un coloquio moderado polo profesor Keith Payne.
CICLO CINE E LINGUA: MULTILINGÜE Mickybo and me Data: Mércores, 16 de marzo Hora: 20.00 h // Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento Lugar: Auditorio do Edificio Cambón: Rúa Oliva, 3. Casco Vello de Vigo. |