• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    martes, 17 de mayo de 2022
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • A edición máis limitada do Festival de Cans comeza coa homenaxe a Chano Piñeiro

    O certame exhibe este mércores as curtas dos autores máis novos. O documental 'A canteira de Cans', que se estrea na Noite dos Veciños, recupera a memoria da extracción de pedra na zona
    Redacción por Redacción
    02 de Sep, 2020
    en Cine
    0
    A edición máis limitada do Festival de Cans comeza coa homenaxe a Chano Piñeiro

    O festival porá unha 'rúa efémera' a Chano Piñeiro.

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    Coa inauguración da rúa efémera Chano Piñeiro comeza ás 10.30 horas deste mércores a primeira xornada da décimo sétima edición do Festival de Cans. O certame estará este ano marcado pola redución de aforo e as esixentes medidas de prevención para garantir a seguridade dos veciños, o público, e o equipo do evento.

    Entre a mañá deste mércores, 2 de setembro, e a noite do vindeiro sábado, día 6, pasarán por Cans 25 curtametraxes e 15 videoclips a concurso. Ademais, proxectaranse tres longametraxes e haberá coloquios e encontros con profesionais do sector audiovisual e do cinema coma Óliver Laxe, Paula Cons ou a actriz revelación do último ano, a galega Benedicta Sánchez.

    Na inauguración da rúa efémera Chano Piñeiro participarán a actriz Uxía Blanco, quen lle deu vida na pantalla á inmortal Xonxa, e a viúva de Chano, Mari Luz Montes.

    Logo, ás 11.00 horas, celebrarse no Baixo de Carlos o coloquio ‘Chano Piñeiro, descubridor de actrices e actores’. Participan Uxía Blanco, Mari Luz Montes e Miquel Insua, quen protagonizara a Birutas en ‘Sempre Xonxa’. A participación de Insua  será por videoconferencia. Evítase deste xeito o seu desprazamento na política de redución total de viaxes posta en marcha polo festival entre as súas medidas de prevención de riscos asociados á Covid-19. O coloquio estará moderado pola xornalista e guionista Ana Cermeño. O aforo é moi reducido: só poderán acceder 25 persoas que tiveron que inscribirse nos últimos a través da páxina web do certame.

    Despois do coloquio proxectarase o filme de Chano Piñeiro ‘Mamasunción’, nun pase antecedido pola intervención de Pedro Sancho, quen desenvolveu un proxecto académico de investigación titulado ‘Chano Piñeiro. Do guión literario á imaxe audiovisual. O proceso de creación e produción da súa obra audiovisual a través da curtametraxe Mamasunción’. Sancho prepara un libro sobre a película a partir deste traballo.

    Inmediatamente despois –ás 12.30 horas, tamén no Baixo de Carlos- chega a clase maxistral ‘Subtitulado e accesibilidade’. Nela, o profesor Pablo Romero-Fresco e o cineasta Alfonso Zarauza ofrecerán novas lecturas sobre o proceso do subtitulado. Farano a partir do caso da última cinta de Zarauza, ‘Ons’. O equipo da película planificou o subtitulado cando deseñou a rodaxe. Zarauza contará a experiencia. O director do Festival de Cans, Alfonso Pato, actúa coma moderador.

    Novas Camadas e Noite dos Veciños
    Na tarde comeza a sección oficial do festival, a competición entre as curtametraxes. E empeza polos autores e autoras máis novas, os que participan na sección Novas Camadas, que este ano por primeira vez outorga o Premio Deleite. Ás 16.30 horas, representantes das curtas a concurso en Novas Camadas participarán nun encontro público no Parque do Río. Unha hora despois -17.30 horas-, exhíbense as cinco películas a concurso. Dúas delas son estreas absolutas.

    Coa descuberta do traxe do Can -20.00 horas, rotonda do Can-, arranca o primeiro serán do Festival de Cans 2020. Precederá á colocación da distinción, no Muro do Chimpíns, coa que o Festival de Cans homenaxea este ano á veciña e enfermeira Merchi Sánchez -20.30 horas-. Con esta distinción, ponse en valor o traballo de Sánchez, quen ideou a creación, hai xa 8 anos, do servizo médico do festival. Traballa coma voluntaria nun equipo que ela organiza e coordina cada ano sen aforrar esforzos nin compromiso.

    A homenaxe dará paso a unha das actividades desta edición do certame máis esperadas na aldea: a Noite dos Veciños coa presentación do documental ‘A Canteira de Cans’. Será na Leira do Río a partir das 21.00 horas.

    Coordinado por Juanma Lodo, do proxecto Cans 303, o documental recupera a memoria da canteira de Cans, un lugar esquecido do que non queda máis que un buraco no monte na zona coñecida como ‘A Pedreira’. Nel participan veciños e veciñas que contan o que recordan, o que saben, ou o que viviron, da antiga instalación.

    Tras a exhibición do documental presentarase o xurado das veciñas e os veciños e comezará a  actuación do grupo AcordeCans. O Espazo Estrella Galicia da Leira do Río incorpórase dende este ano ao certame. Dada a súa extensión, permitirá reunir ata a 300 persoas ao aire libre mantendo as necesarias medidas de seguridade. Todas as persoas deberán levar máscara todo o tempo e deberán desinfectar as súas mans na entrada. Ademais, só poden entrar as persoas que previamente se rexistraron.

    Tags: cinecortometrajesFestival de Cans

    RelacionadosArtículos

    O festival de Cans súmase á celebración do Día das Letras cunha xornada de cinema e arquitectura galegos
    Cine

    O festival de Cans súmase á celebración do Día das Letras cunha xornada de cinema e arquitectura galegos

    16 de May, 2022
    A previa do Festival de Cans comeza coa retrospectiva de João Nicolau
    Cine

    A previa do Festival de Cans comeza coa retrospectiva de João Nicolau

    12 de May, 2022
    Vigo se postula como plató de cine ante una treintena de productoras americanas
    Cine

    Vigo se postula como plató de cine ante una treintena de productoras americanas

    10 de May, 2022
    La película ‘Terra que marca’ de Raúl Domingues gana el Premio Play-Doc 2022
    Cine

    La película ‘Terra que marca’ de Raúl Domingues gana el Premio Play-Doc 2022

    09 de May, 2022
    O Festival de Cans suma a Daniel Monzón, a estrea da serie “Rapa”, de Jorge Coira e a música de Amparanoia
    Porriño

    O Festival de Cans suma a Daniel Monzón, a estrea da serie “Rapa”, de Jorge Coira e a música de Amparanoia

    03 de May, 2022
    Volven os concertos gratuítos a Cans con Dakidarría, Los Vinagres, Caldo ou Juan Zelada
    Música

    Volven os concertos gratuítos a Cans con Dakidarría, Los Vinagres, Caldo ou Juan Zelada

    28 de Abr, 2022

    Más Vistos

    El nuevo hotel de Samil ya permite reservar sus habitaciones, de hasta 450 euros

    El nuevo hotel de Samil ya permite reservar sus habitaciones, de hasta 450 euros

    por David Lorenzo
    10 de May, 2022
    0

    La fuente más antigua de la ciudad de Vigo

    La fuente más antigua de la ciudad de Vigo

    por Julio Alonso
    14 de May, 2022
    0

    Fallece una niña en Vigo tras recibir un fuerte golpe en la cabeza

    Fallece una niña en Vigo tras recibir un fuerte golpe en la cabeza

    por Redacción
    16 de May, 2022
    0

    Así serán los seis chalets de lujo con vistas al mar proyectados en Cabo Estai

    Así serán los seis chalets de lujo con vistas al mar proyectados en Cabo Estai

    por David Lorenzo
    10 de May, 2022
    0

    Una gran tormenta cruza el área de Vigo descargando granizo y rayos

    por Redacción
    14 de May, 2022
    0
    Una gran tormenta cruza el área de Vigo descargando granizo y rayos
    Local

    La jornada de sol y bochorno, con temperaturas que rondaron los 30 grados, acabó con una gran tormenta en el...

    Leer mas

    Manos arriba en defensa del último tramo virgen de la costa de Vigo: «Salvemos Cabo Estai»

    por Redacción
    14 de May, 2022
    0
    Manos arriba en defensa del último tramo virgen de la costa de Vigo: «Salvemos Cabo Estai»
    Local

    Vestidos con monos blancos y con sus manos alzadas, vecinos de San Miguel de Oia y miembros de colectivos ecologistas...

    Leer mas

    Tal día como hoy…

    • 1833

      Nace Manuel Murguía e imprímese en Vigo "Cantares Gallegos"

    • Nace Manuel Murguía e imprímese en Vigo "Cantares Gallegos"
    • 1833

      Nace Manuel Murguía e imprímese en Vigo "Cantares Gallegos"

    • Nace Manuel Murguía e imprímese en Vigo "Cantares Gallegos"
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado

    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

    Non-necessary

    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.

    GUARDAR Y ACEPTAR