Dirixida por Matthew Warchus e estreada en 2014 no Festival de Cannes, conta unha historia real na que un grupo de activistas lesbianas e homosexuais recadan fondos para axudar a familias afectadas pola folga mineira británica de 1984. Pero o Sindicato Nacional de Mineiros móstrase remiso a aceptar os cartos. Os activistas deciden entón levar o diñeiro recadado persoalmente ata unha pequena aldea mineira de Gales.
Entre o reparto atópanse Bill Nighy, Imelda Staunton e Dominic West.
O Ciclo de Cine e Lingua conta co apoio do Centro de Linguas da Universidade de Vigo e proxectará ata decembro filmes en versión orixinal en inglés con subtítulos en castelán. Todas as longametraxes desta edición teñen como denominador común vidas de personaxes extremos que viven situacións límite.
Presentará as películas e moderará o coloquio posterior o profesor Keith Payne.
CICLO CINE E LINGUA Pride (Matthew Warchus, 2014)
Data: 2 de decembro Hora: 20.00 h // Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento Lugar: Auditorio Edificio Cambón: Rúa Oliva, 3. Casco Vello. Vigo.
|
CICLO CINE E LINGUA
Pride (Matthew Warchus, 2014)
Data: 2 de decembro
Hora: 20.00 h // Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento
Lugar: Auditorio Edificio Cambón: Rúa Oliva, 3. Casco Vello. Vigo.