• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 2 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    TRIBUNA LIBRE

    O novo estadio do Celta chamarase Pizza Express Tropical 2×1 Dobre de Queixo Stadium

    Pedro Feijoo por Pedro Feijoo
    27 de Abr, 2015
    en Arte
    0
    O novo estadio do Celta chamarase Pizza Express Tropical 2×1 Dobre de Queixo Stadium

    Sen saír de Madrid, ao vello Palacio de los Deportes, así chamado desde que abrira por vez primeira as súas portas, alá polo 1960, dinlle agora Barclaycard Center, que, ademais de ser moito máis chic, deixa claro de quen é a pasta… Poderiamos poñer unha chea de exemplos máis, pero basten estes dous para alumear esta teima en que vivimos, a de renomear as cousas, e comprender que calquera día destes chegará a París un turista despistado e, ante un dos seus edificios máis emblemáticos, pensará que está este patrocinado pola famosa marca de champús anticaspa. Porque claro, como se chama Ópera Garnier…

    Pero, oh sorpresa!, resulta que non, e nese caso o nome non ten nada que ver co seu dono, amo e patrocinador. Para pasmo, asombro, e mesmo disfunción cardíaca de moitos alcaldes e algún que outro concelleiro de cultura, a Ópera Garnier chámase así porque tal era nome do seu arquitecto. “Ópera?”. Non, señora! Garnier, Charles Garnier. E o mesmo ocorre coa Torre Eiffel, xa que así se chamaba o máximo responsable da súa construción, o enxeñeiro Gustave Eiffel; co Palacio Güell de Barcelona, propiedade do industrial Eusebi Güell; e até coa pirámide de Keops. Ou quen raio pensades que puxo as pedras, as cordas e mais os escravos para a súa construción? Pois claro, señora: o faraón Keops. Porque as grandes construcións sempre teñen un nome, máis alá de que nós ou (o que é peor) os nosos gobernantes nos empeñemos en non querer sabelo…

    Digo todo isto ao fío do que está a acontecer co nome do noso principal teatro, tal como lle dixen no meu último artigo aquí publicado, aquel no que falaba dun concerto que Ses dera no teatro da cajadeahorros-caixanova-novagalicia-abanc… ¡no García Barbón! Igual pensades que esaxero, pero é que non foron poucos os diferentes nomes polos que o teatro da rúa Policarpo Sanz pasou nos últimos trinta anos, a saber: Centro Cultural Caixavigo; Centro Cultural Caixanova; Centro Cultural Novacaixa Galicia; Teatro Novagaliciabanco… Son eu o único a quen todo este baile de nomes lle parece ridículo en grao sumo? E non vaiades pensar que cada un destes cambios é gratuito. Imaxinade a cara do pobre operario instalando o novo cartel. Toda a mañá dándolle ao taladro para que, cando xa está a piques de rematar, veña o xefe de turno, e…

    –Quedouche fetén, chacho. Pero mira, que tes que quitalo, que xa non serve…
    –Como que xa non serve? Pero se xa lle botei o cemento!
    –É que acaban de cambiarlle o nome.
    –Pero como, outra vez?! Caghonomundo…

    Agora, e grazas ás impagables xestións do meu primo o presidente Feijoo, que axudou a desterrar para sempre calquera vestixio de galeguidade no que foi a nosa caixa de toda a vida, resulta que temos que dicirlle “Centro Cultural Afundación”. “Afundación”?! Home, por favor, “afundida” vainos quedar a nós a cabeza de tanto cambiarlle o nome… Máis cando, para nós, ese teatro de sempre tivo un único nome, un ben diferente: o “García Barbón”.

    Por se alguén non está moi ao tanto de como vai o conto (cousa que dubido moito, porque de todos é coñecida a prodixiosa capacidade da nosa parroquia para coa memoria da cidade), permitídeme que fagamos aquí un repaso rápido á historia do “García Barbón”…

    De entre todos aqueles homes que pola volta do século XIX para o XX soñaron con construír un “Gran Vigo”, moderno e europeo, un dos maiores filántropos cos que contou a cidade foi José García Barbón. Non foron poucas as pegadas que a grande xenerosidade de don José deixou en Vigo (e ben merecería un recordatorio máis completo nestas mesmas cíber-páxinas…), e a el lle debemos, por exemplo, o mantemento do seu máis importante teatro, o Rosalía de Castro. Deseñado ao xeito da mesmísima Scala de Milán, e inaugurado en xullo de 1900, gozou dunha vida máis ben efémera: desapareceu pasto do lume o martes de carnaval de 1910, case un ano despois do pasamento do seu mecenas. No ronsel do traballo ben feito polo seu tío, foron as sobriñas de José García Barbón, dona Elena e dona Práxedes Salgueiro, as que asumiron a responsabilidade (e os custes) de poñer en pé un novo teatro sobre as cinsas do vello circo. Encargáronlle a obra ao prestixioso arquitecto Antonio Palacios (quen, por certo, sabedes en que outro edificio se inspirou para construír o noso novo teatro? Pois si, na Ópera Garnier de París. Ás veces, iso das conspiracións cósmicas vai que mete medo…), e cando por fin o novo teatro abriu as súas portas, o 23 de abril de 1927, fíxoo xa cun nome diferente: gardaron as sobriñas de don José a vella denominación, “Rosalía de Castro”, para o pequeno cinematógrafo que albergaba nos seus sotos (o actual auditorio). Pero o nome do novo salón era, evidentemente, outro ben distinto: “Teatro García Barbón”. Cal senón?

    E así, a do teatro e mais o seu nome foron reflexo da vida da cidade, con momentos de maior gloria e de menor éxito, pero sen maiores cambios até que, a piques xa de desaparecer (o teatro, non a cidade), a Caixa de Aforros de Vigo se fai con el nos primeiros anos oitenta. Xa sabedes, os anos de “La Movida”, que tiveron cousas moi tolas… Desde entón, a existencia e o nome do noso teatro comezaron a correr parellas á historia da entidade bancaria que se fixo con el. Ou, o que é o mesmo: unha traxicomedia de dubidoso gusto, libreto infumable, e final pendente de escritura…

    E, se queren que lles sexa honesto, penso que, xa que nin o teatro nin moito menos a caixa son nosos xa, polo menos que o seu nome si o sexa. Que sexa o que ten que ser, aquel co que se inaugurou e que nós, vigueses de toda a vida, levamos na nosa memoria. Porque igual que o noso ADN non acepta máis autobús urbano que o “vitrasa” nin máis lupanar que a “ferrería”, na rúa Policarpo Sanz non temos máis teatro que un: o García Barbón.

    Porque se permitimos que nos borren os nosos nomes, de aquí a pouco xa non saberemos nin como nos chamamos. Non é “Centro Cultural Afundación”, senón Teatro García Barbón, igual que non é Praza das Apertas, senón Cruce de Peniche. O mesmo agora, coa que está caendo, non nos parece este o maior dos nosos problemas. Pero xa veredes, xa. Xa veredes como non vos fai tanta graza cando o novo estadio de Balaídos se chame “Inditex Alcampo O Rei das Tartas Abel Caballero Stadium”… Logo non digades que non vos avisei!

    43

    Tags: NombreTeatro García BarbónVigo

    RelacionadosArtículos

    Las sirenas de los bomberos de Vigo resonaron por Sergio
    Sucesos

    La Audiencia no descarta imputar a los superiores del bombero fallecido en Vigo un delito de homicidio por imprudencia

    02 de Jul, 2025
    Vigo reactiva sus joyas: música en los jardines de Castrelos y Villa Solita y teatro en la Villa Romana de Toralla
    Cultura

    Vigo reactiva sus joyas: música en los jardines de Castrelos y Villa Solita y teatro en la Villa Romana de Toralla

    02 de Jul, 2025
    Proponen que los vehículos ecológicos puedan circulan por el carril bus en Vigo
    Local

    Vigo prohíbe a Uber circular por la ciudad: desestima las solicitudes presentadas

    02 de Jul, 2025
    Un conductor detenido en Vigo por conducir bajo los efectos de alcohol y drogas
    Sucesos

    Detenido en Vigo tras fugarse de la Policía Local e iniciar una huida en bicicleta

    02 de Jul, 2025
    David Guetta convierte Castrelos en su pista de baile
    Local

    Fijada la venta de entradas de uno de los conciertos más esperados del verano de Vigo: «Se va a petar»

    02 de Jul, 2025
    La antigua estación de autobuses de Vigo
    Local

    «El Centro de Asociacionismo es la prueba más evidente de que Caballero no quiere inversiones de la Xunta en Vigo»

    02 de Jul, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    59

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    La noria concluye su montaje horas antes de empezar las fiestas de Coia: este es el programa de verbenas

    «Caballero no quería fiestas en Vigo ni atracciones de feria porque no tiene medios para revisarlas»

    por Redacción
    24 de Jun, 2025
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Caballero veta (también) la reforma de la vieja estación: «Si la Xunta quiere invertir en Vigo tiene infinitas oportunidades»

    por Europa Press
    30 de Jun, 2025
    0

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    45

    MÁS VIGO

    Atardecer en el Paseo de Alfonso XII
    Más Vigo

    Atardecer en el Paseo de Alfonso XII

    Este es, sin duda, uno de los mejores miradores que tiene la ciudad de Vigo. Desde estos bancos, ubicados en...

    por Julio Alonso
    02 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar
    Libros

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar

    La Praza de Compostela se ha convertido este martes en el epicentro de la cultura gallega con la inauguración de...

    por Redacción
    01 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    2022, el año de la unión y movilización enfermera
    Opinión

    De nuestra extra, que no se coman ni un euro

     Por Asunción Maus, secretaria general de SATSE Galicia. Las enfermeras y fisioterapeutas que trabajamos en el Servizo Galego de Saúde...

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR