• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    lunes, 16 de mayo de 2022
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • A primeira escavación arqueolóxica en Sálvora descobre “un importante xacemento romano”

    O Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da UVigo baralla a hipótese de que se trate dunha nova factoría de salgadura de peixe desa época
    Redacción por Redacción
    09 de May, 2022
    en Arqueología
    0
    A primeira escavación arqueolóxica en Sálvora descobre “un importante xacemento romano”

    Conxunto de fauna recuperada na sondaxe en proceso de estudo. / Foto: DUVI

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    O Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo vén de realizar a primeira escavación arqueolóxica na illa de Sálvora. A intervención, indican os seus responsables, permitiu “descubrir un importante xacemento romano” que posiblemente corresponda cunha factoría de salgadura.

    A iniciativa forma parte da colaboración existente entre a institución académica e o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia. Esta colaboración ten permitido ao GEAAT escavar e investigar desde o ano 2021 na illa de Ons dous importantes xacementos de época romana.

    Nesta ocasión, contouse co apoio e a colaboración do Organismo Autónomo Parques Nacionales (OAPN). O obxectivo da intervención en Sálvora, na que participou un equipo de catro membros do GEAAT, foi o de “afondar no coñecemento sobre a ocupación humana antiga desta illa, a máis norteña das que conforman o parque e poder confrontar os datos cos recollidos nas actuacións na illa de Ons”.

    O proxecto, explica o seu director, o profesor da Facultade de Historia do campus de Ourense Adolfo Fernández, incluía a realización dunha sondaxe valorativa no Areal dos Bois e levouse a cabo logo de que nese lugar se descubrisen hai algúns anos materiais arqueolóxicos en superficie, o que se interpretou coa presenza alí dun xacemento romano, sen saber exactamente as súas dimensións e características. Así, lembran desde o GEAAT, durante o ano 2021 arqueólogos deste grupo desprazáronse ata Sálvora para realizar unha prospección arqueolóxica, o que propiciou a recolla de novos materiais romanos en superficie no Areal dos Bois.

    Eses indicios levaron a promover, en colaboración co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, o proxecto desenvolvido agora para caracterizar os posibles restos agochados baixo a duna mediante a realización dunha sondaxe valorativa. A intervención, realizada durante o mes de abril, deu “os seus froitos ao descubrir que baixo a duna atópase protexida unha estrutura de época romana”.

    O equipo da UVigo localizou un muro de contención que nivelaba o terreo nunha zona por onde descorría un antigo regato. Segundo indican, nesta zona, fóra do edificio romano, localizouse “un potente vertedoiro con centos de fragmentos cerámicos, ósos de animais, cunchas, un coitelo de ferro e unha fibela de bronce”. Todo este material, “tirado ao lixo polos habitantes romanos de Sálvora”, será estudado no Laboratorio do GEAAT no campus de Ourense e poderá achegar “importantes datos sobre a cronoloxía do xacemento, os seus usos e os hábitos de vida e consumo de alimentos dos seus habitantes”. Así, engade o equipo arqueolóxico, a colección de fauna recuperada, unida á recuperada no xacemento do Canexol (Ons), permitirá coñecer que especies existían e eran consumidas nas illas durante os séculos I ao IV d.C.

    • default

    Ademais de todo este material, na sondaxe recuperáronse abundantes fragmentos de morteiro hidráulico formado por cal e coios que era utilizado habitualmente como revestimento dos píos de salga. Este tipo de morteiro, comenta desde o GEAAT, é o utilizado nas fábricas romanas de Adro Vello (O Grove), en Sobreira (Vigo), en O Naso (A Illa) ou na propia fábrica de Canexol (Ons).

    “Por este motivo, creemos que o que se atopa baixo a duna sur do Areal do Bois é moi posiblemente unha nova factoría de salgadura de peixe de época romana”, comenta Adolfo Fernández. A súa localización, nun lateral da praia a certa distancia do mar e ao carón dun regato de auga doce cumpre, segundo o GEAAT, “cos parámetros que temos observado na localización doutras fábricas semellantes”.

    Isto, unido aos restos de morteiro recuperado e aos restos anfóricos, fai que a hipótese da fábrica de salga sexa a máis posible. Porén, engaden, “serán necesarias novas sondaxe no lugar para caracterizar correctamente o xacemento e poder construír paseniñamente o pasado antigo da illa de Sálvora”.

    Tags: arqueologíaSálvoraUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Un partido inspirado en C. Tangana gaña unhas eleccións ficticias na Universidade de Vigo
    Local

    Un partido inspirado en C. Tangana gaña unhas eleccións ficticias na Universidade de Vigo

    13 de May, 2022
    A UVigo homenaxea a Manolo Ramos nun emotivo acto
    Local

    A UVigo homenaxea a Manolo Ramos nun emotivo acto

    12 de May, 2022
    Hallan restos de un asentamiento poblacional romano en la isla de Ons
    Arqueología

    Hallan restos de un asentamiento poblacional romano en la isla de Ons

    11 de May, 2022
    Crean en la UVigo la Cátedra Unesco para una educación transformadora
    Local

    Crean en la UVigo la Cátedra Unesco para una educación transformadora

    11 de May, 2022
    Alfonso Lago asumirá a Vicerreitoría de Profesorado tras o falecemento de Manuel Ramos
    Local

    Alfonso Lago asumirá a Vicerreitoría de Profesorado tras o falecemento de Manuel Ramos

    10 de May, 2022
    O programa Inspira Steam da Uvigo e a Deputación xa fomenta vocacións entre 1.553 alumnas
    Ciencia y Tecnología

    O programa Inspira Steam da Uvigo e a Deputación xa fomenta vocacións entre 1.553 alumnas

    09 de May, 2022

    Más Vistos

    El nuevo hotel de Samil ya permite reservar sus habitaciones, de hasta 450 euros

    El nuevo hotel de Samil ya permite reservar sus habitaciones, de hasta 450 euros

    por David Lorenzo
    10 de May, 2022
    0

    La fuente más antigua de la ciudad de Vigo

    La fuente más antigua de la ciudad de Vigo

    por Julio Alonso
    14 de May, 2022
    0

    Así serán los seis chalets de lujo con vistas al mar proyectados en Cabo Estai

    Así serán los seis chalets de lujo con vistas al mar proyectados en Cabo Estai

    por David Lorenzo
    10 de May, 2022
    0

    El Hotel Attica21 Vigo define sus puestos de responsabilidad y nombra director

    El Hotel Attica21 Vigo define sus puestos de responsabilidad y nombra director

    por Redacción
    11 de May, 2022
    0

    Caballero ve a Vigo “encantada” con el Cristo de A Guía e intenta ridiculizar a los críticos

    por David Lorenzo
    13 de May, 2022
    0
    Caballero ve a Vigo “encantada” con el Cristo de A Guía e intenta ridiculizar a los críticos
    Local

    Abel Caballero ha tenido que salir al paso de las críticas que ha suscitado la instalación de un Cristo en...

    Leer mas

    Prisión provisional para el exboxeador Roberto Domínguez por su reiteración delictiva

    por Vanesa Vázquez
    13 de May, 2022
    0
    El ex alcalde pedáneo de Bembrive acepta nueve años de inhabilitación por prevaricación
    Sucesos

    La justicia ha enviado a la cárcel, provisional y sin fianza, al ex boxeador Roberto Domínguez tras su enésima detención,...

    Leer mas

    Vecinos de Vigo recogen 400 firmas contra el proyecto para el parque García Picher

    por Redacción
    13 de May, 2022
    0
    Vecinos de Vigo recogen 400 firmas contra el proyecto para el parque García Picher
    Local

    Vecinos de Vigo, residentes en el entorno de las calles Coruña y Jacinto Benavente, han recogido ya 400 firmas para...

    Leer mas

    Tal día como hoy…

    • 1875

      Vigo non atopa solares para o seu proxecto municipal de teatro-casino

    • Vigo non atopa solares para o seu proxecto municipal de teatro-casino
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado

    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

    Non-necessary

    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.

    GUARDAR Y ACEPTAR