• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 4 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    día das letras galegas

    A voz de Xela Arias emerxe no Marco de Vigo

    As gravacións da última obra da poetisa viguesa, homenaxeada nesta edición 2021 do Día das Letras Galegas, sairán á luz esta fin de semana coa peza "Vencerse é cousa de se tratar" do músico Fernando Abreu sobre a obra “Intempériome”
    Redacción por Redacción
    16 de Abr, 2021
    en Cultura
    0
    A voz de Xela Arias emerxe no Marco de Vigo

    Darío Gil, fillo de Xela Arias, e Abel Caballero.

    A voz da poeta viguesa Xela Arias, falecida no ano 2003 e homenaxeada nesta edición 2021 do Día das Letras Galegas, emerxerá de novo esta fin de semana no Museo de Arte Contemporáneo de Vigo. Será grazas ás gravacións que pouco antes do seu pasamento preparaba para as presentacións do seu derradeiro libro Intempériome xunto ao músico Fernando Abreu.

    Aquela idea era a de mesturar as dúas artes dende un punto de vista contemporáneo con espazo para improvisación libre e a palabra. Como parte do traballo sobre a emoción, o ritmo e o carácter dos recitados de Xela Arias, Fernando Abreu gravou os poemas do libro na voz da autora. Aquelas gravacións que só tiñan a intención do estudo acabáronse por converter nun documento único coa inesperada morte da autora.

    A partir dos materiais elaborados ata aquel momento, Abreu xa creara unha performance na que a voz gravada de Xela fundíase con música e voces ao vivo e foi interpretada nalgunhas das homenaxes que recibiu a autora dende entón. O nomeamento de Xela Arias como autora homenaxeada nesta edición 2021 do Día das Letras Galegas é a ocasión perfecta para que este proxecto se converta no espectáculo escénico «Vencerse é cousa de se tratar».

    Nesta proposta, Fernando Abreu conta coa complicidade en escena da cantante e actriz Mónica de Nut —quen pon voz ós poemas mesturándose cos recitados da propia autora— e de Pablo Carrera, con quen leva mais de vinte anos traballando no proxecto DOUS e creando espazos sonoros para teatro e audiovisual. Roi Fernández completa o elenco realizando cinema en directo.

    A peza escénica foi presentada este venres no Marco, donde haberá dous pases durante a fin de semana (sábado 17 ás 19.30 horas e domingo 18 ás 12.30 horas). Durante a rolda de prensa, o alcalde Abel Caballero salientou a “transgresión e ruptura” da creación artística na súa “forma distinta de entender a música” unida cos poemas de Xela Arias “unha grande poeta que decidiu que Vigo ía ser a súa cidade”.

    Fernando Abreu agradeceu o apoio e receptividade do Marco ao espectáculo que “é o que puido ser aquel recital 18 anos despois”, xa que quedou coas gravacións que fixera xunto a Xela Arias no ano 2003 e agora recupéraas para rematar un proxecto iniciado 18 anos antes.

    Pola súa banda, Darío Gil, fillo de Xela Arias, salientou a honestidade da proposta escénica xa que recolle a “visión de miña nai da confluencia das distintas artes: música, voz, audiovisual en directo…”

    43

    Tags: Día das Letras GalegasXela Arias

    RelacionadosArtículos

    As Cantareiras de María Lado, protagonistas no Casco Vello Alto
    Cultura

    As Cantareiras de María Lado, protagonistas no Casco Vello Alto

    14 de May, 2025
    Estos fueron los libros más demandados en 2022 en la Rede de Bibliotecas de Galicia
    Cultura

    En marcha en Vigo as actividades para celebrar o Día das Letras Galegas

    08 de May, 2025
    «Os espazos en branco» do vigués Bruno Arias chega a Vigo
    Cine

    «Os espazos en branco» do vigués Bruno Arias chega a Vigo

    31 de Oct, 2024
    De Arias a Xela, «Os espazos en branco» comienza su recorrido por las salas de Galicia
    Cine

    De Arias a Xela, «Os espazos en branco» comienza su recorrido por las salas de Galicia

    17 de Oct, 2024
    Los estudiantes de Vigo llevan los versos de Luísa Villalta a la playa
    Libros

    Los estudiantes de Vigo llevan los versos de Luísa Villalta a la playa

    21 de May, 2024
    Últimos días para donar sangre en la campaña de Ados en las universidades gallegas
    Solidaridad

    Un libro a cambio de sangre para conmemorar las Letras Galegas

    16 de May, 2024

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    por Redacción
    30 de Ene, 2026
    0

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    Primera sentencia en Galicia contra un banco por suplantación de identidad a una clienta

    Piden que Abanca devuelva a Vigo lo que Vigo le dio y ceda el uso de 200 viviendas vacías

    por Redacción
    28 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Del Vigo de la Navidad al Vigo de la lluvia
    Más Vigo

    Del Vigo de la Navidad al Vigo de la lluvia

    En tan solo un mes, Vigo ha pasado de ser la ciudad de la Navidad a ser la ciudad de...

    por Julio Alonso
    04 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    La izquierda nos mete un buen bocado a la libertad de expresión
    Opinión

    La izquierda nos mete un buen bocado a la libertad de expresión

    Entre el 2 y 5 de Febrero se "iban" a celebrar en la capital hispalense la XI edición de "Letras en...

    por Fernando Torres Carbajo
    03 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR