• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Motor
    martes, 26 de enero de 2021
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    covid-19

    Investigadores da Universidade de Vigo desenvolverán un sistema de desinfección con drones

    Crearán un sistema de información xeográfica para determinar zonas de posible afluencia de xente e aumentar así a loita contra a Covid-19
    Redacción por Redacción
    08 de May, 2020
    en Covid-19
    0
    Investigadores da Universidade de Vigo desenvolverán un sistema de desinfección con drones
    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    Na volta á “nova normalidade” trala pandemia da Covid-19, un dos retos que se afronta é a desinfección das zonas que volverán a ser usadas pola cidadanía, desde centros educativos ata parques. Investigadores da Universidade de Vigo levarán a cabo un proxecto que ten como obxectivo o desenvolvemento dun sistema de desinfección empregando dispersión de líquidos mediante sistemas aéreos non tripulados. Aproveitando a “madurez” que xa ten a tecnoloxía de limpeza con drones, o seu traballo centrarase no desenvolvemento dun sistema de información xeográfica a nivel galego e dunha metodoloxía que permita optimizar o seu uso nesta crise.

    A iniciativa, que será financiada con 55.000 euros pola Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, é unha das oito solucións elixidas, entre as 160 recibidas, na convocatoria feita pola Consellaría de Economía, Emprego e Industria para o desenvolvemento de proxectos innovadores fronte á Covid -19. O seu investigador principal será Higinio González, profesor titular da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense, completando o equipo os profesores Fermín Navarro, do mesmo centro, e Joaquín Martínez, da Escola de Enxeñaría de Minas; e o persoal investigador Luis Miguel González; Noelia Fariñas; Lorena Docasar e Alejandro Gómez. A finalidade do traballo, que se desenvolverá de xuño a decembro de 2020, indican os seus responsables, será “desenvolver e validar operativas de voo con sistemas aéreos non tripulados para efectuar tarefas de desinfección”.

    Concretamente, as e os investigadores da Universidade de Vigo márcase tres obxectivos. O primeiro deles é o desenvolvemento dun sistema de información xeográfico a nivel galego que determine zonas na que se prevé unha elevada afluencia de xente e son susceptibles de desinfección con drones. O segundo é determinar horas necesarias de operación e restricións de índole legal para esta desinfección, así como recursos necesarios a nivel económico, de equipos e empresas operadoras. O terceiro é o desenvolvemento e verificación de metodoloxías de desinfección específicas para estes sistemas para garantir o seu correcto resultado.

    Aproveitar unha tecnoloxía xa madura
    A Covid-19, explican os responsables do proxecto, ten provocado unha pandemia global aínda en fase de contención e na volta á normalidade que comezou, indican, “un aspecto clave será continuar extremando a desinfección das superficies que poden actuar como favorecedoras para a transmisión do virus”. A medida que as restricións existentes se vaian levantando, detallan, “as tarefas de desinfección terán que estenderse con máis intensidade a lugares que actualmente non se están utilizando pero que no futuro si volverán a utilizarse, por exemplo colexios e universidades, instalacións deportivas ou lugares de lecer ao aire libre”. Neste contexto, comenta Higinio González, a crise do coronavirus “non permaneceu allea á utilización dos sistemas aéreos non tripulados en tarefas de desinfección”, citando exemplos de uso en países como China e Francia. “Ante o escenario de volta cautelosa á normalidade cara ao que nos encamiñamos nos próximos meses, pódese observar como os sistemas aéreos non tripulados poden ser de utilidade para completar tarefas de desinfección en lugares como bancadas de instalacións deportivas, patios de colexios, parques infantís, zonas de lecer como xardíns, contornas de piscinas, ríos e praias, etc”, indica o investigador.

    Neste contexto, explica Higinio González, a tecnoloxía para dispersión de líquidos mediante vehículos aéreos non tripulados atópase “xa madura e accesible no mercado”. Dado que esta tecnoloxía “non necesita un desenvolvemento específico” pola súa madurez, detalla, o proxecto proponse “centrar os esforzos na planificación dun adecuado despregamento desta tecnoloxía, que complemente de forma sinérxica as tecnoloxías de limpeza xa existentes”. Se esta tarefa se acomete de forma correcta, engade o investigador, “máis aló de atender a actual emerxencia da COVID-19, o proxecto pode sentar as bases para estender as aplicacións dos drones noutras tarefas que requiran a dispersión de líquidos, como a aplicación de fitosanitarios en explotacións agrícolas de orografía complexa, como por exemplo a viticultura en zonas como a Ribeira Sacra”.

    Un sistema de información xeográfica e unha metodoloxía
    O primeiro obxectivo ao que se enfronta o proxecto, comenta o seu responsable, consiste en desenvolver un sistema de información xeográfica a nivel galego que integre todas as zonas de aplicabilidade da tecnoloxía de desinfección con drones e que presente os lugares de potencial afluencia de xente que poderían á súa vez ser desinfectados por este método. Unha vez determinada a superficie sobre a que actuar, detalla o profesor da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, “é necesario integrar no devandito sistema de información xeográfica as restricións legais de voo existentes e definir diferentes tipos de operacións en función disto”. Para a xeración de metodoloxías de operación específicas para a desinfección, así como a verificación das mesmas, o proxecto, indica Higinio González, parte do “extenso coñecemento que ten o equipo de traballo na operación de diferentes tipos de sistemas non tripulados”, xa que está integrado por tres pilotos de drones, dous doutores enxeñeiros aeronáuticos e unha graduada en Enxeñaría Aeroespacial.

    Outro dos retos do proxecto será, segundo explica o seu responsable, “definir a cantidade de líquido desinfectante e en que concentracións se debe dispersar para garantir a correcta eliminación do virus sobre as superficies a tratar, sempre atendendo a unha operación segura da aeronave”. Outros aspectos pendentes de definición que se abordarán no estudo, engade Higinio González, serán a velocidade de traballo recomendada, as alturas de voo e frecuencias de desinfección. Unha vez coñecido o despregamento necesario para acometer os labores de limpeza e as metodoloxías adecuadas para a operación, sinala o investigador, será necesario realizar un acompañamento das primeiras operacións para detectar usos deficientes e posibles melloras. O obxectivo que se marca o proxecto, detalla, sería que en setembro de 2020 puidesen arrancar as primeiras tarefas de desinfección con drones acompañando o inicio de actividades como o curso escolar ou ligas deportivas. “Nese momento arrancaríanse as actividades de verificación nas primeiras operacións, que actuarían a modo de piloto e que se poderían estender a partir de novembro a todo o territorio”, apunta por último o profesor da Universidade de Vigo.

    Tags: coronavirusdronUniversidade de Vigo

    RelacionadosArtículos

    Vigo participará nun estudo nacional sobre a incidencia do coronavirus no persoal hospitalario
    Covid-19

    Sanidade confirma 27 fallecidos en los últimos cuatro días en Galicia, tres de ellos en Vigo

    25 de Ene, 2021
    O BNG de Vigo propón o uso de máscaras FFP2 en todos os servizos municipais
    Covid-19

    O BNG de Vigo propón o uso de máscaras FFP2 en todos os servizos municipais

    25 de Ene, 2021
    Galicia prohíbe las reuniones de personas no convivientes y cierra la hostelería durante tres semanas
    Covid-19

    Galicia prohíbe las reuniones de personas no convivientes y cierra la hostelería durante tres semanas

    25 de Ene, 2021
    La incidencia en el área sanitaria de Vigo se pone por encima de 600 y la presión asistencial se acerca al récord
    Covid-19

    La incidencia en el área sanitaria de Vigo se pone por encima de 600 y la presión asistencial se acerca al récord

    25 de Ene, 2021
    Fallece una mujer con Covid-19 que estaba hospitalizada en el Álvaro Cunqueiro
    Covid-19

    Galicia registra 14 fallecidos, uno de ellos en Vigo, y suma 91 víctimas en una semana

    24 de Ene, 2021
    Semana negra en el área de Vigo con más de 1.800 contagios y el doble de pacientes en los hospitales
    Covid-19

    Semana negra en el área de Vigo con más de 1.800 contagios y el doble de pacientes en los hospitales

    24 de Ene, 2021

    Más Vistos

    Aquella última nevada en Vigo de 1987

    Aquella última nevada en Vigo de 1987

    por Eduardo Rolland
    23 de Ene, 2021
    0

    Investigan al gerente de una empresa de Ponteareas por falsificar la firma de una mujer muerta hace más de dos años

    Encuentran con heridas de arma blanca el cadáver de un hombre en Mondariz

    por Redacción
    23 de Ene, 2021
    0

    Galicia prohíbe las reuniones de personas no convivientes y cierra la hostelería durante tres semanas

    Galicia prohíbe las reuniones de personas no convivientes y cierra la hostelería durante tres semanas

    por David Lorenzo
    25 de Ene, 2021
    0

    Galicia cerrará las actividades no esenciales  en concellos de más de 10.000 habitantes si la incidencia supera los 1.000 casos

    Galicia cerrará las actividades no esenciales en concellos de más de 10.000 habitantes si la incidencia supera los 1.000 casos

    por Redacción
    19 de Ene, 2021
    0


    Vigo en 1830, en la pionera descripción de Sebastián Miñano

    por Eduardo Rolland
    24 de Ene, 2021
    0
    Vigo en 1830, en la pionera descripción de Sebastián Miñano
    Celta

    Una ciudad rica, con un puerto excelente, dispuesta en anfiteatro y con una rica historia: “Pueblo antiquísimo, cuya fundación no...

    Leer mas

    La Policía Local de Vigo denuncia a un supermercado por exceso de aforo

    por Redacción
    24 de Ene, 2021
    0
    Un policía local de Vigo desenfunda su arma para detener a un conductor temerario tras una persecución
    Covid-19

    Agentes de la Policía Local de Vigo cursaron denuncia la mañana de este sábado contra un supermercado en el que...

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Create New Account!

    Fill the forms bellow to register

    All fields are required. Iniciar sesión

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    Do NOT follow this link or you will be banned from the site!
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Aceptar Rechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy
    Necesarias Siempre activado