“É un día feliz para Nigrán e para todo o Val Miñor porque se reforza a seguridade vial na comarca, significa unha empresa máis que vai xerar emprego e, ademais, resulta moi cómodo para tódolos veciños ter a ITV tan preto. A súa presencia é o empuxe definitivo para o polígono Porto do Molle, que segue crecendo e significa xa o presente e futuro do municipio», sinalou Juan González, alcalde de Nigrán, durante a inauguración. Así, a estación abrirá mañá cun horario de luns a venres de 8.30 a 14.00 e 16.00 a 19.30 horas, e os sábados de 08.00 a 14.30 horas. As citas xa se poden solicitar telefónicamente no 902309000 ou telemáticamente na web www.sycitv.com.
A instalación, cunha inversión de un millón setecentos cincuenta mil euros por parte da empresa Supervisión y Control, inclúe os últimos avances tecnolóxicos e conta inicialmente con oito empregados coa previsión de que cheguen a 19 no ano 2020. Esta consta de tres liñas de traballo que darán alivio a toda a área de Vigo, onde actualmente se realizan unha media de 240.000 inspeccións ao ano entre as tres instalacións de Peinador, Porriño e Bueu. O novo punto de Nigrán (onde poderán acudir todo tipo de vehículos, incluido motocicletas e ciclomotores) realice unha media de 22.000 revisións durante os primeiros anos e, pasado o período de adaptación, chegue a 50.000 no ano 2020.
Esta é a primeira estación de toda Galicia en construírse de xeito modular, agrupando tódolos equipos de supervisión e control nun único punto unificado e compacto para que poida ampliarse no futuro sen afectar en absoluto ao seu funcionamento e ao que xa está feito. Paralelamente, é unha das poucas da comunidade e a única da área de Vigo en prescindir por completo do papel, xa que os empregados traballarán mediante aplicacións vía Wi-fi. Os propios condutores que estean esperando a súa quenda na estación serán chamados á revisión mediante un dispositivo control remoto que se lles entregará na entrada. Ademais, paneis solares cubrirán tódalas necesidades de auga quente da estación.