O novo persoal, que xa exerce dende a semana pasada, foi recibido polo alcalde Juan González e por Rubén Rial, concelleiro de Vías e Obras, Servizos Urbáns e Seguridade. O obxectivo da súa contratación é ofrecer un mellor servizo á cidadanía, sendo a súa presencia especialmente importante durante estes meses de verán, xa que o municipio multiplica a súa poboación.
Estos axentes entraron mediante o proceso de oposición libre e teñen carácter de persoal laboral temporal, traballando 40 horas semanais cunha retribución bruta de 1.115,59 euros ao mes.