Con esta decisión o Concello quere compensar aos alumnos das actividades municipais, que este ano iniciaron o curso máis tarde debido a un complexo proceso de contratación de monitores mediante concurso oposición que houbo que iniciar dende cero. «Non queremos perxudicar aos usuarios cunha merma de horas na formación recibida, polo tanto, cumplindo a nosa promesa, amplíase o curso ata finais de xuño», explica o alcalde, Juan González.