A inauguración será ás 19.30 horas e contará cos estudantes como guías, ademáis de haber unha charla sobre o impacto do lixo nas aves a cargo do ornitólogo Jaime Saíz . O sábado tamén abrirá ás 19.30 coincidindo coa conferencia do experto biólogo Juan Hermida sobre o sistema dunar de Praia América e o domingo se poderá visitar de 12,30 a 14,00 horas. Tanto sábado como domingo haberá xogos populares na praza do Concello para completar a programación.
O IES Val Miñor traballa dende o ano 1991 en distintos proxectos que estudan e recollen o lixo en Praia América. Neste contexto, a profesora de bioloxía Carmela García dirixiu aos 60 alumnos de 2º da ESO para preparar esta mostra que resume a cantidade e diversidade de lixo atopado e as terribles consecuencias a nivel local e global. A exposición, artellada con paneis informativos, vídeos e o propio lixo, amosa estatísticas como que o 68% do recollido en Praia América este ano é plástico (o 60% se atendemos á media dos últimos 25 anos). «Actualmente, por cada kilogramo de plancton nos océanos hay 4 kilos de plástico», sinala a profesora.
«É un orgullo para o Concello acoller esta exposición feita por alumnos do IES Val Miñor e que busca concienciar á veciñanza sobre as consecuencias globais que poden ter os actos incívicos de emporcallar o entorno», sinala Juan González, quen recorda que Nigrán ten un Punto Limpo e un servizo gratuito de recollida.