• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 2 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    gala

    Cinco premios «Nigrán 2016» polo seu traballo, constancia e esforzo

    Elixidos por unanimidade no ámbito cultural ao Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor; no educativo ao IES Val Miñor; no empresarial á Pirotecnia Argimiro Alborés; no deportivo a 'Nacho' Fernández e no social a Tapería Jose
    Redacción por Redacción
    15 de May, 2016
    en Nigrán
    0
    Cinco premios «Nigrán 2016» polo seu traballo, constancia e esforzo

    Nesta quinta edición serán homenaxeados no ámbito cultural o Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor; no educativo o IES Val Miñor; no empresarial a Pirotecnia Argimiro Alborés; no deportivo a Ignacio Fernández e no social a Tapería Jose. A selección, feita de xeito transparente entre tódolos representantes políticos e con consenso absoluto, foi realizada grazas ás propostas realizadas previamente por colectivos sociais, culturais e veciñais do municipio, a quen o goberno local agradece a súa colaboración.

    O xa consolidado acto institucional pretende ser un recoñecemento público de todo o pobo de Nigrán á traxectoria dos premiados. «Son entidades e persoas que co seu traballo, constancia e esforzo contribúen a poñer en valor a Nigrán, facendo del un municipio máis amigable e do que sentirmonos orgullosos, por iso se merecen este galardón», reflexiona Juan González, alcalde de Nigrán.

    Cultural: Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor
    A parroquia de Parada, a través do seu Centro Cultural e Recreativo constituído en maio de 2007, destaca pola súa aposta por preservar as mellores tradicións sociais e culturais de Nigrán. A entidade celebra actos ao longo de todo o ano que contribúen a dinamización cultural e deportiva e a manter viva a relación entre os veciños e o seu entorno. A recuperación da Rondalla de Parada do Miñor é un dos seus grandes logros, así coma a celebración do Entroido (co seu popular “Enterro do Kiko”), a Semana Cultural de Verán, o Samaín, o Magosto ou a realización de infinidade de cursos formativos. A entidade, que colabora activamente coa comunidade de montes ou a comisión de festas, é un dos mellores exemplos de como dende unha parroquia se pode por en valor todo un municipio.

    Educativo: IES Val Miñor
    Primeiro instituto creado no Val Miñor en 1979 e, polo tanto, xérmolo de moitas xeracións de rapaces da comarca, caracterizándose dende a súa creación polo esforzo do seu profesorado para conseguir a mellor formación para o seu alumnado. Con este premio a corporación de Nigrán quere respaldar a Educación Pública e de calidade, xa que o IES Val Miñor é o mellor exemplo de elo.

    Empresarial: Pirotecnia Argimiro Alborés
    Fundada en 1934, a señeira pirotecnia de Nigrán vai xa pola súa terceira xeración. Naceu como pirotecnia “La Moderna” na parroquia de Parada das mans de D. Argimiro Alborés García, quen deixa o oficio de zapateiro para fabricar artesanalmente foguetes de ruído, fachadas de cor e rodas de fogo fixo. Anos despois, en 1948, se traslada a novas instalacións na mesma parroquia. En 1973 colle o testigo o seu fillo, D. Argimiro Alborés Couto, quen incorpora pequenos espectáculos de lucería. Con el remata a etapa da pirotecnia “La Moderna” e nace a actual “Pirotecnia Argimiro Alborés”. Xa en 1993 entra en escea a terceira xeración ao asumir a dirección o neto, D. Argimiro Alborés Misa, quen remodela e amplía o taller adaptándose á normativa vixente e segundo o regulamento de explosivos, incorporando ademáis un punto de venta autorizado a particulares de pirotecnia recreativa. Os seus espectáculos están presentes en todo tipo de festexos e entre as súas participacións destaca a saída da regata Cutty Sark en Vigo e a Volvo Ocean Race ou un espectáculo no Parador de Baiona ante a familia real.

    Deportivo: José Ignacio Fernández Méndez
    José Ignacio Fernández Méndez «Nacho» (Nigrán, 1980) é sen lugar a dúbidas o mellor deportista do municipio e o gran referente de España en Slalom, unha modalidade deportiva na que persoas con parálise cerebral ou discapacidade física realizan en cadeira de rodas un circuito cheo de obstáculos que deben esquivar ata completar o percorrido no menor tempo posible. Nacho, membro do clube Tamiar-Apamp, comezou a colleitar premios neste ámbito dende que se que se iniciou no ano 2002 ata consagrarse no 2014 e 2015 como campión de España na proba cronometrada. Ademáis, entre os seus méritos están tamén o récord de España en 2005, o récord nacional en 2007 e 2013 ou os tres ouros en equipos dende 2009 a 2013 . O seu afán de superación fan del non so un exemplo como deportista, se non tamén como persoa. Entre as súas ambicións está que se eliminen as barreiras arquitectónicas que lle permitan algún día acceder a un posto de traballo con total independencia.

    Social: Tapería Jose
    A Tapería Jose (Priegue) leva anos demostrando que o esforzo individual, en este caso dunha familia, pode cambiar o mundo, ou polo menos o mundo que nos rodea no día a día. No seu restaurante, a pé da praia de Prado, 60 persoas de Nigrán con dificultades poden festexar dende hai catro anos o Nadal coa máxima dignidade e con total e absoluta discrección, xa que o seu propietario rexeita calquera publicidade ou mérito ao respecto. Esa segue a ser unha das condicións para que neste día Jose e Isabel donen gratuitamente o seu traballo, a súa cociña e os seus alimentos ás persoas seleccionadas previamente polos Servizos Sociais do Concello, a quen o matrimonio traslada posteriormente unha tarxeta de invitación elaborada por eles mesmos. A súa iniciativa é apoiada por máis persoas anónimas, empresas e colectivos que donan comida ou xoguetes, xa que nenos e adultos reciben tamén o seu agasallo de Papa Noel. O único afán deste matrimonio exemplar é servir o xantar a todos aqueles que, sexa cal sexa o motivo, non poidan festexar o Nadal como os demáis veciños de Nigrán.

    IMG_0118
    IMG_0125
    IMG_9788

    IMG_9907

    43

    RelacionadosArtículos

    Atardecer en el Paseo de Alfonso XII
    Más Vigo

    Atardecer en el Paseo de Alfonso XII

    02 de Jul, 2025
    Un muerto y varios heridos en una pelea entre clanes en un centro recreativo de Ribeira
    Actualidad

    Un muerto y varios heridos en una pelea entre clanes en un centro recreativo de Ribeira

    02 de Jul, 2025
    Un vigués que poseía 88 archivos de pornografía infantil en su móvil acepta una multa de 1.800 euros
    Sucesos

    Condenan con prisión a una americana que estafó más de 158.000 dólares a una empresa de Vigo

    01 de Jul, 2025
    La Xunta invierte 12,8 millones en 57 nuevas viviendas en Vigo
    Local

    Ya es oficial: la Xunta lleva a los tribunales a Vigo por la suspensión de la obra del Centro de Asociacionismo

    01 de Jul, 2025
    Tímido paso para avanzar en la ampliación de Navia mientras el megacontrato sigue sin dueño formal
    Local

    En el aire la segunda ampliación de Navia: sobre la mesa un nuevo recurso que paraliza (otra vez) las obras

    01 de Jul, 2025
    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»
    Sucesos

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    01 de Jul, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    59

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La noria concluye su montaje horas antes de empezar las fiestas de Coia: este es el programa de verbenas

    «Caballero no quería fiestas en Vigo ni atracciones de feria porque no tiene medios para revisarlas»

    por Redacción
    24 de Jun, 2025
    0

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Caballero veta (también) la reforma de la vieja estación: «Si la Xunta quiere invertir en Vigo tiene infinitas oportunidades»

    por Europa Press
    30 de Jun, 2025
    0

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    45

    MÁS VIGO

    Atardecer en el Paseo de Alfonso XII
    Más Vigo

    Atardecer en el Paseo de Alfonso XII

    Este es, sin duda, uno de los mejores miradores que tiene la ciudad de Vigo. Desde estos bancos, ubicados en...

    por Julio Alonso
    02 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar
    Libros

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar

    La Praza de Compostela se ha convertido este martes en el epicentro de la cultura gallega con la inauguración de...

    por Redacción
    01 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    2022, el año de la unión y movilización enfermera
    Opinión

    De nuestra extra, que no se coman ni un euro

     Por Asunción Maus, secretaria general de SATSE Galicia. Las enfermeras y fisioterapeutas que trabajamos en el Servizo Galego de Saúde...

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR