A alta probabilidade de choiva obriga a modificar o plan inicial de rematar a cabalgata ao aire libre na Praza do Concello. En calquera caso, con choiva ou sen ela, as súas maxestades estarán na Ramallosa ás 16.30 horas e de alí partirán os paxes en vespas, vehículos clásicos e 600 grazas á colaboración de Clásicos Valmiñor, Vespa Miñor e Club 600 Arcade.
Sen embargo, só se finalmente o tempo da un respiro as carrozas farán o seu percorrido saíndo de A Ramallosa ás 17,00 horas (previamente a Rondalla de Parada estaría animando á zona) pasando polas rúas Rans e Vista ó Mar ata chegar ao pavillón ás 18.30 horas (as rúas polas que pasan serían cortadas minutos antes).
As portas do Pavillón de Panxón abriranse ás 16,30 horas e a animación arrancará ás 17,00 horas coa Rondalla de Parada e a continuación (17,30 horas) a actuación dos diferentes grupos de baile da escola Bambú. Ao redor das 18.30 horas esperase a chegada dos Reis Magos, que serán recibidos cun gran espectáculo circense deseñado especialmente pola compañía “La Fiesta Escénica” para a ocasión. Finalmente, as súas maxestades dirixirán unhas palabras aos cativos e recibirán persoalmente as súas últimas peticións.