Segundo informa ValMiñorTV, o encargado de repartir o premio foi o axente vendedor da Once Jorge Giráldez Durán, que despachou os cupóns premiados na Praza Vitoria Cadaval, en Sabarís, e na Praza de Abastos e rúa Eduayen de Baiona. Jorge Giráldez é un mozo de 35 anos que ten unha discapacidade física e que comezou a vender produtos de xogo da Once hai 14 anos en Baiona.