As actividades culturais programadas polo Concello de Baiona e o seu departamento de Cultura dentro o Baiverán 2020 continúan este martes. Logo do éxito de público a pasada semana no concerto de Xabier Díaz e As Adufeiras do Salitre, esta que entra será unha das semanas máis completas da programación. Concertos, o aplaudido espectáculo ‘Mitic, un musical dos 80’ ou un espectáculo de circo protagonizan a semana.
O cine abrirá esta semana no Parque da Palma. Este martes ás 23:00 horas proxectarase en pantalla xigante o filme ‘X-Men: Fénix Oscura’. O mércores, tamén no Parque da Palma ás 23:00 horas, terá lugar o concerto do grupo Habitación Vudú, o cuarteto ourensán composto por Isidro Vidal, José Freiría, Justo Freiría e Rubén Seoane.
O xoves volve a música en directo ao Parque da Palma, tamén ás 23:00 horas, co concerto do grupo Los Motores, o grupo de rock duro galego orixinario de Vigo que triunfou na década dos 90 e que hoxe volve pisar escenarios.
Chegado o venres, o Parque da Palma converterase no escenario dunha variada oferta de espectáculos. O venres ás 23:00 horas chega a Baiona o espectáculo de Mitic. A banda desenvolve unha actuación que non deixa indiferente a ninguén. Scorpions, Bon Jovi, Edith Piaf, The Mamas & The Papas, Europe o Carlos Gardel son só algúns dos artistas que interpretan a través da gaita.
Fin de semana
O sábado, á hora habitual, terá lugar o concerto musical dos 80 onde o público poderá gozar dun espectáculo para rememorar aquela época cos temas más coñecidos daqueles anos.
Xa o domingo, pensando nos máis pequenos e familiar, o público poderá deleitarse coa maxia do circo da man de Asacocirco Show. Este espectáculo comezará ás 20:30 horas no Parque da Palma.
Todos os espectáculos estarán supervisados por un técnico de prevención que certificará que o espectáculo sexa seguro tanto para os profesionais que actuarán no Baiverán como para o público en xeral.