O World Tour 2017 do colombiano Sebastián Yatra triunfou en Baiona ante miles de fans que abarrotaron o parque da Palma. A Gala Musical comezou coas actuacións de Melody, Karina e Bordon 4, para dar paso a Tina Cousins antes de que preto das dúas da mañá saltase ao escenario o artista suramericano.
O seus éxitos musicais, como “Traicionera”, “Como mirarte”, “Para olvidar”, “Por fin te encontré”, “No me llames” y «Robarte un beso”, entre outros, fixeron as delicias dos asistentes a un concerto en que toda A Palma coreou as cancións de Yatra.
A Vila viviu o seu fin de semana grande do verán cunha asistencia masiva de visitantes para desfrutar do completo programa deseñado pola Concellería de Cultura con motivo da festividade da Virxe da Anunciada. Unhas 10.000 persoas asistiron aos concertos celebrados durante os tres días, dende o de Seguridad Social e La Patrulla, o venres pola noite, pasando polo de “A Idade de Ouro do Pop Español”, o sábado, e rematando coa Gala Musical.
“Deseñamos unha programación adaptada para todos os gustos e todas as idades, coñecedores de que en estas datas Baiona tamén recibe moita xente que chega dende todos os puntos de España”, destacou a concelleira de Cultura, María Iglesias.
Outro dos momentos álxidos das festas foi a tirada de fogos de lucería o sábado pola noite. A praia da Ribeira e o peirao de Porto Pesqueiro alternaron o lanzamento de fotos ante o asombro de miles de persoas que abarrotaron toda a liña de costa do municipio e que puideron seguirse dende todo o Val Miñor.
Ademais, durante a fin de semana houbo espectáculos de rúa a cargo do malabarista “Pablo Trasno” en Carabela Pinta, comparsa de Xigantes e Cabezudos, actuacións do grupo de gaitas “A Seneira”, da Banda de Música de Baiona, Danza das Espadas ou Cucañas Marítimas, entre outras moitas actividades.