• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 6 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    plan concellos

    Case un millón de euros para seguridade viaria en Baiona: Serralleira e Sabarís-Belesar

    Carmela Silva visitou co alcalde Carlos Gómez novas obras que desenvolve a institución provincial na EP2204 Sabarís-Belesar, na que leva investidos xa máis de 730.000 €, e a mellora do Camiño de Serralleira, á que o goberno local destinou 133.191 € do Plan Concellos
    Redacción por Redacción
    25 de Mar, 2023
    en Baiona
    0
    Carmela Silva visitou co alcalde Carlos Gómez novas obras que desenvolve a institución provincial na EP2204 Sabarís-Belesar, na que leva investidos xa máis de 730.000 €, e a mellora do Camiño de Serralleira, á que o goberno local destinou 133.191 € do Plan Concellos

    Carmela Silva e o alcalde Carlos Gómez. / Foto: Rafa Estévez

    A Deputación informou este sábao de que vén de financiar varias actuacións en Baiona que ascenden a preto de 900.000 € para seguir garantindo a seguridade viaria e a transformación da vila. Trátanse das obras de emerxencia e unha nova cuneta tendida que se están a executar na EP-2204 Sabarís-Belesar, que acaban de visitar a presidenta provincial, Carmela Silva, e o alcalde Carlos Gómez, e que se unen ás anteriores obras de mellora executadas para transformar este importante viario provincial, de máis de seis quilómetros, que une estas parroquias de Baiona. Amais desta actuación, a presidenta e o alcalde tamén comprobaron a mellora xa executada no pavimento e seguridade no Camiño de Serralleira, na parroquia de Santa Cristina da Ramallosa, que foi financiada cunha achega do Plan Concellos.

    Na EP-2204 Sabarís-Belesar a Deputación leva investidos máis de 730.000 euros en diversas intervencións. As últimas son as obras de emerxencia que tiñan como obxectivo a reparación dun muro de contención que presentaba unha situación de inestabilidade tralas choivas, a fin de garantir a seguridade e evitar riscos de danos maiores antes de que se vise afectada a calzada e o tráfico rodado. Así mesmo, estanse a executar novas cunetas tendida para garantir o tránsito peonil nun punto onde non era posible a habilitación dunha senda peonil. Obras nas que se están a investir en conxunto 115.000 euros e que, como destacou a presidenta provincial, Carmela Silva, “son necesarias para que a xente poida circular”. “Imos seguir traballando da man do Concello –apuntou-. A xente ten que ter boas infraestruturas de acceso ao lugar onde vive e esta é unha estrada provincial moi importante en Baiona”.

    O citado viario provincial xa foi obxecto no 2021 dunha ambiciosa actuación de reposición de firme por medio millón de euros, na que se acometeron traballos de aglomerado do viario e de renovación da capa de rodadura nunha área de 34.500 metros cadrados. Con anterioridade, tamén se acometeron obras de mellora de seguridade por preto de 92.000€. A elas hai que unir as actuacións do Plan Móvese, coa instalación de dez redutores de velocidade e un paso peonil sobreelevado, nas que se investiron 96.000 euros.

    Amais de percorrer a EP-2204, a presidenta provincial e o alcalde visitaron as obras realizadas no Camiño de Serralleira, tamén en Sabarís, que foron financiadas cunha achega do Plan Concellos de 133.191€. Os traballos permitiron mellorar a pavimentación e a seguridade deste viario, co fin de facilitar o acceso á veciñanza da zona. Executouse unha nova capa de rodadura, tomando como base o pavimento actual, ao longo dos 877 metros do camiño e tamén se levou a cabo o rozado mecánico de cunetas e noiros por ambas as marxes do camiño. A actuación complementouse coas canalizacións de drenaxe de pluviais.

    Carmela Silva destacou as melloras acadadas con estas actuacións e a aposta realizada polo Goberno local para seguir avanzando na “gran transformación do municipio, non soamente investindo no centro urbano, senón tamén nas parroquias e nos viarios municipais, garantindo servizos e dereitos para as persoas, vivan onde vivan”. “Estas tres actuacións –sinalou- súmanse a todo o traballo desenvolvido ao longo destes anos froito da colaboración entre o Concello e a Deputación, nunha relación marcada pola complicidade, o diálogo e por unha forte aposta por traballar xuntas e xuntos e seguir facendo que Baiona teña as mellores infraestruturas, dotacións e equipamentos”.

    Pola súa banda, o alcalde, Carlos Gómez, agradeceu o apoio da Deputación para executar obras “que realmente transforman a nosa vila”. Neste senso, recordou que as achegas do Plan Concellos a Baiona desde o 2019 sumaron dous millóns de €, “algo importante de resaltar para que a veciñanza valore o investimento deste goberno nas parroquias, que realmente estaban esquecidas polos gobernos anteriores”. E engadiu que amais da estrada provincial EP-2204, os recursos da institución provincial permitiron outros arranxos en camiños de Belesar, Baredo ou Sabarís, “con fondos todos os anos que se reparten de maneira clara, obxectiva; ogallá todas as administracións o fixeran desta maneira”.

    43

    Tags: BaionaBelesarConcello de BaionaDeputación de PontevedraSabarís

    RelacionadosArtículos

    Convocadas más de un centenar de plazas para Policía Local, 22 de ellas para el área de Vigo
    Local

    Convocadas más de un centenar de plazas para Policía Local, 22 de ellas para el área de Vigo

    02 de Jul, 2025
    El Camino Portugués, captado por los fotógrafos de tres siglos
    Baiona

    El Camino Portugués, captado por los fotógrafos de tres siglos

    02 de Jul, 2025
    Localizan un galpón con 120 plantas de marihuana y toda la maquinaria para su cultivo
    Sucesos

    Desarticulan un grupo dedicado a estafar a ancianos en la provincia

    30 de Jun, 2025
    La Plaza de Santa Liberata se recuperará para el peatón gracias a una  inversión de 1,4 millones de la Diputación
    Baiona

    La Plaza de Santa Liberata se recuperará para el peatón gracias a una inversión de 1,4 millones de la Diputación

    24 de Jun, 2025
    Baiona se alza como destino internacional de oro
    Baiona

    Detenido un joven en Baiona acusado de distribuir y crear pornografía infantil

    21 de Jun, 2025
    Espectáculo de cores en Pontevedra para recibir aos artistas da Bienal
    Arte

    Espectáculo de cores en Pontevedra para recibir aos artistas da Bienal

    21 de Jun, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 8

    59

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Caballero veta (también) la reforma de la vieja estación: «Si la Xunta quiere invertir en Vigo tiene infinitas oportunidades»

    por Europa Press
    30 de Jun, 2025
    0

    La Xunta invierte 12,8 millones en 57 nuevas viviendas en Vigo

    Ya es oficial: la Xunta lleva a los tribunales a Vigo por la suspensión de la obra del Centro de Asociacionismo

    por Europa Press
    01 de Jul, 2025
    0

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Conciertos populares de Vigo
    Más Vigo

    Conciertos populares de Vigo

    El Concello de Vigo ha organizado una serie de conciertos populares para acercar la música a la ciudadanía a través...

    por Julio Alonso
    05 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder
    Libros

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder

    Ya tenemos aquí el verano y, con él, una tremenda ola de calor y de novedades literarias. ¿Te animas a...

    por Gabriel Romero de Ávila
    05 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    Envidia de «los chalecos amarillos»
    Opinión

    Envidia de «los chalecos amarillos»

    Siempre he tenido una cierta admiración por la nación que queda al norte de los Pirineos. Cuando pasas la frontera...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Jul, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR