Un total de 800 participantes xa están inscritos para unha nova edición da Carreira Pedestre Popular Andar e Correr que se vai celebrar o vindeiro 20 de agosto polas rúas de Baiona.
As concellerías de Deportes e Actividades Marítimas organizan esta proba, a carreira máis multitudinaria da vila que reúne cada ano a máis de 2.000 deportistas nun percorrido de 10 quilómetros.
As inscricións poden facerse a través da web andarecorrer.com e se pecharán o 16 de agosto. Todos aqueles que se inscriban antes do día 13 recibirán unha camiseta conmemorativa.
A saída efectuarase para os adultos desde a entrada do Parador Conde de Gondomar e para os pequenos desde o parque da Palma, sendo a chegada para todas as categorías neste mesmo parque.
A clasificación será absoluta e por categorías. Entregásense trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría e aos vencedores absolutos da carreira (masculino, feminino, primeiro baionés e baionesa). Tamén recibirán un trofeo os primeiros baioneses clasificados (home e muller), que deberán estar empadroados no Concello desde xaneiro do ano en curso.