«A muller na literatura romántica» é o lema do evento, que organiza a Concellería de Muller do Concello de Redondela coa colaboración das Bibliotecas Municipais do municipio con motivo da celebración do Día Internacional da Muller. A entrada e de balde.
Participarán na mesma as escritoras galegas de novela romántica Silvia Barbeito , Teresa Cameselle (Premio Talismán de Novela Romántica 2008 e Premio Vergara de Ediciones B coa súa última novela) e Lydia Leyte, baixo a coordinación de Trinidad Palacios, organizadora desde o ano 2011 do “Congreso de Literatura Romántica Ciudad de A Coruña”.