O Goberno local informou este mércores de que xa mantivo unhas primeiras xuntanzas con “grafiteiros locais” en outubro de 2018 para propoñerlles esta idea,“que eles mesmos compartían”, e posteriormente reuniuse con algúns veciños para presentarlles os deseños e borradores existentes, de tal xeito que se poida actuar en propiedades privadas. Unha suxerencia que estes particulares están a valorar.
Ademais, chegouse a un acordo cos artistas para cederlles un muro do Concello e remitiuse unha solicitude de autorización ao Ministerio de Fomento para pintar catro muros da súa competencia. A este respecto, a administración municipal atópase á espera da autorización.