A máis destacable é que a organización do evento aproveita o festivo corresponde ó Días das Letras Galegas do 17 de maio para engadir unha terceira xornada de actuacións de rúa. Será a comezo da semana e a programación é de especial calidade cunha combinación entre titiriteiros galegos e os chegados de países europeos.
Tralo acto institucional na Alameda de Redondela, o grupo Tanxarina formado por Andrés Giráldez, Miguel Borines e Eduardo Rodríguez ‘Tatán’ representará ‘Titiricircus’ ante os seus veciños. Esta formación está integrada polos impulsores e organizadores do festival de Redondela durante máis de dez anos.
Para a xornada de tarde quedará seguir a evolución do chego Teatro Konmo, do holandés Electric Circus e, tamén, unha representación de «Barriga Verde e o Muíño da Néboa», por parte de Cascanueces Títeres. A obra é sobre o texto orixinal de Barriga Verde de Manuel María, escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
Durante a semana, de martes a domingo, o Multiusos da Xunqueira acollerá representacións de sala ás 21:00 horas e en dobre sesión, tamén ás 17:00 horas, nas días sen escola. Como é costume, o fin de semana do sábado e domingo as rúas de Redondela vivirán unha multitude de actuacións e os afeccionados ós monicreques poderán seguir espectáculos de todo tipo. Haberá títeres pequenos, medianos, e espectáculos itinerantes de rúa.
Os expertos do Festival Internacional de Titeres de Redondela xa saben algúns dos trucos como escoller as actuación con anterioridade para chegar con tempo e combinar os dous días. Tamén que, para a derradeira sesión de sala o domingo ás 21:00 horas, adoita a reservarse para un dos espectáculos de maior nivel de todo o evento. Iso si, as entradas adoitan a voar.
Por Redondela pasarán ata vintecinco compañías distintas dentro do cartel oficial entre titiriteiros, xogos populares e grupos musicais. Tamén haberá algúns outros que actuarán de xeito espontáneo ‘pola gorra’. A división é de seis compañías internacionais: La Pendue (Francia), Electric Circus (Holanda), Sofie Krog (Dinamarca), Teatro Konmo (República Checa), La Fontana (Portugal), Pelele (Francia). Sete grupos de máis alá do Padornelo: Efimer (Cataluña), Trukitrek (Cataluña) e Xirriquiteula (Cataluña), La Cuadrilla de la TIA (Cantabria), Galiot (Cataluña), Javier Aranda (Aragón) e Títeres PepeLuna (Canarias). O sabor galego o porán Baobab, El Retrete de Dorian Gray, Cinema Sticado, Trompicallo, Fanfarria, Tanxarina, Urdime, De Vacas, Tatán, Calcetín Furado, The Turres Band, Cascacunes Títeres.