Dende hai varias semanas a N-552 atópase en obras para instalar a rotonda e a sinalización da mesma está a provocar a queixa de veciños e condutores e, ademais, a o grupo político da Agrupación de Electores de Redondela tamén expresou publicamente as queixas polo que entenden unha deficiente sinalización da zona.
Con motivo das obras, a estrada estreitase e desvíanse os carrís cunha liñas laranxas que, en moitas ocasións debido á terra, non se observan de xeito claro. Tamén existen un número elevado de sinais antes e despois da zona de obras para avisar das mesas e, pola noite, existen luces para marcar o camiño. Non obstante, estas sinais luminosas non funcionan todo o ben que deberían e algúns días fallan. O lugar, o igual que toda a N-552 que une Vigo e Redondela, é moi transitado e engádese o cruce de acceso á parroquia de Cedeira, que dificulta o tráfico. Nos seguintes vídeos os lectores poden valorar pos si mesmo se a sinalización é adecuada ou debe mellorarse.