A saída está prevista para as 23:30 horas dende o cruce da estrada do Viso coa que leva A Peneda a altura do establecemento comercial Carpintero. O inicio da marcha será puntual e membros da organización estarán cun posto de venda de fachos no lugar dende, aproximadamente, unha hora antes do comezo da marcha. No 2017 haberá fachos novos e de maior calidade que o ano anterior.
O ascenso é de 1.500 metros ata a zona da sobreira da Peneda, a escasos metros do cumio. O percorrido é doado por unha estrada asfaltada. O chegar alí, procedérase a lectura da invocación a cargo de Rafael Quintía, presidente da Sociedade Antropolóxica Galega. Prégase os asistentes non prender a fogueira ata que o indique a organización. Os fachos teñen que apagarse ó chegar o alto, pero sen prender o lume.
Nos instantes finais é habitual a chegada do espírito de Pedro Madruga polo recinto da festa para facer a ‘purificasion’ e, a continuación, Noé Massó realizará a habitual queimada máxica. Sempre e o momento máis esperado da noite pola súa espectacularidade e, tamén, polo humor deste bruxo que non deixa indiferente a ninguén. Rematará a Festa dos Fachos co reparto de rosquillas de Ponteareas para acompañar á queimada. Como os anos anteriores.
O ataque do lume intencionado
Os asistentes poderán gozar dun entorno espectacular no linde entre os concellos de Redondela e Soutomaior cunhas vistas de toda a Ría de Vigo e nunha ubicación que acolleu poboado castrexo, viviu as guerras medievais de Pedro Madruga e foi cristianizado coa construcción da capela na Idade Moderna. Unha xoia paisaxística e histórica que o pasado ano volveu a sufrir o ataque do lume de xeito intencionado. Os organizadores da Festa dos Fachos reclaman un ano máis unha adecuada protección e posta en valor da Peneda con medidas eficaces para combater a súa destrucción sistemática e tamén a recuperación dos elementos naturais. Unha tarefa que, ano a ano, constatamos que continúa pendente.