• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 15 de agosto de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    FESTA DO TINTO RÍAS BAIXAS AS NEVES

    Imprescindibles do verán: chega a cita coa Festa do Tinto Rías Baixas

    Os actos principais celébranse o 24 e 25 de xullo, pero a programación xa comezou con diferentes actividades
    Redacción por Redacción
    24 de Jul, 2025
    en As Neves
    0
    Imprescindibles do verán: chega a cita coa Festa do Tinto Rías Baixas

    O Concello de As Neves ultima todos os preparativos para celebrar este xoves e mañá venres unha nova edición da Festa do Tinto Rías Baixas, que cumpre a súa décimo novena edición consolidándose como un referente para a promoción dos viños tintos da Denominación de Orixe Rías Baixas.

    A programación iniciouse o pasado sábado cunha andaina enoturística polo territorio vitivinícola de Rubiós, que combinou natureza, patrimonio e viño e que contou cunha excelente acollida por parte da veciñanza e visitantes chegados de diferentes puntos do país. A actividade partiu da Bodega Señorío de Rubiós despois de realizar unha visita guiada, pasando polas furnas de Ribadeira, os muíños de Xuliana e os petróglifos da Coutada, para rematar de novo na adega cunha degustación de tinto Rías Baixas acompañada dun picoteo.

    A semana comezou coa charla técnica “A fertilidade do viñedo, influencia no rendemento produtivo e no equilibrio dos mostos en Rías Baixas”, impartida por Juan Carlos Vázquez Abal, enxeñeiro técnico agrícola, enólogo e analista sensorial de viños. Un encontro moi interesante no que veciños/as, viticultores e amantes do viño puideron afondar no coidado da viña e na importancia da fertilidade para garantir viños de calidade na nosa contorna.

    O Mercado Municipal acolleu a ‘Cata a Cegas’ na que participaron veciños/as e visitantes chegados de diferentes puntos da provincia (Mos, Vilagarcía, Porriño, Salceda, Baiona) e incluso do país veciño, Francia. Os asistentes desfrutaron dunha experiencia sensorial única na que descubriron os viños tintos da DO Rías Baixas, tradicionalmente menos coñecidos que os seus afamados albariños.

    A través dun formato innovador inspirado nas catas sensoriais, os participantes degustaron cinco tintos elaborados con uvas autóctonas como Sousón ou Espadeiro de adegas como Señorío de Rubiós, Attis ou Terra de Mareas, empregando antifaces para anular a vista e potenciar o resto dos sentidos: recibiron copas ergonómicas, escoitaron a historia dos viñedos atlánticos, identificaron aromas florais e minerais, e analizaron en boca a acidez viva, os taninos suaves e o carácter do terruño.

    Actos centrais

    O xoves 24 de xullo abriráse a festa ás 19:00 horas con obradoiros infantís no Mercado Municipal. A inauguración da festa terá lugar a partir das 20:00 horas na praza Maior, na que os membros do Goberno estarán acompañados por Luis López, presidente da Deputación de Pontevedra, na que se levará a cabo o tradicional corte de cinta e brinde.

    A música desta primeira xornada correrá a cargo das “Pandereteiras de Vide” (20:00 horas), o grupo “Son das Tabernas” (22:30 horas) e o DJ “Pitty” (01:00 horas). A actividade enogastronómica do día será a Cea Maridaxe, que consistirá en degustar catro platos con catro viños tintos que maridan á perfección (tosta de requeixo con tomate cherry confitado ao romeu e decorada con alfábega, salmorejo con lascas de bacallau mariñado con laranxa e po de olivas negras, cazola de arroz con esencia mediterránea e xeado de requeixo e viño tinto).

    A programación do 25 de xullo abrirase ás 11:00 horas coa recepción de Cofradías e autoridades na Casa do Concello, onde estarán presentes o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Martín Alemparte; a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel; a alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira; e representantes das cámaras municipais de Melçao e Monçao. Nesta edición recibiranse ás seguintes confrarías: Cofradía do Tinto Rías Baixas, Confraría dos Viños das Rías Baixas, Cofradía do Centolo Larpeiro (O Grove), Cofradía da Orden do Caldo de Mourente, Cofradía do Viño Condado do Tea e Espumosos, Asociación Cultural Gastronómica Boton de Anlca (Marín), Orden de la Cigala de Vigo, Cofradía del Pulpo de Galicia (Pontevedra), Cofradía de la Anchoa de Santoña (Cantabria), Fiesta de la Cigala de Vigo, Real Confraría do Viño Alvariño Monçao Melgaco, Real Cofradía dos Viños Verdes Tintos (Monçao), Cofradía del Corderu a la Estaca (Asturias) e Cofradía O Galo de Barcelos.

    Antes de desfrutar do pregón, a banda de gaitas “Os Atrancalevadas” dinamizarán a mañá co seu pasarrúas.

    Ás 12:30 horas, chegará a quenda do pregón. Neste acto intervirán a concelleira de Turismo, Ana Belén Rodríguez, e o alcalde, José Manuel Alfonso, que darán paso a continuación ao actor, guionista e monologuista Federico Pérez Rey, que será o encargado de dar o pregón para toda a veciñanza e visitantes. A mañá rematará co irmandamento do Tinto Rías Baixas co Tinto Sumius, ubicado na Rexión do Viño Verde, a maior e unha das máis antigas Denominacións de Orixe de Portugal. Neste acto, que terá lugar na carpa, participarán María Soledad Álvarez, presidenta da Cofradía Tinto Rías Baixas e Xavier Ferreira, xerente Adegas Sumius.

    Pola tarde, a partir das 17:00 horas haberá actividades acuáticas infantís e música para todos os gustos: ás 18:30 horas actuará a “Charanga A Sorcha”, ás 22:30 horas desfrutaremos coa actuación de Susana Seivane. Ás 23:30 horas terá lugar no aparcadoiro do colexio o festival “Requesound”, un evento dedicado á música DJ, cun cartel comandado por Jorge Cremades, o recoñecido DJ e showman nacional, que estará acompañado por nada máis e nada menos que Dumore, Groove Amigos, Muiños, Manu Pérez, DJ Crazy e o speaker show de Pau D’Afonso.

    Como novidade desta edición, a organización habilitará na carpa principal un punto de recollida de corchos, aberto tanto ás adegas participantes como ás persoas visitantes. Ao remate da festa, os corchos recollidos serán intercambiados por camelias, que posteriormente se plantarán nas diferentes parroquias do municipio. Con esta iniciativa, o Concello de As Neves quere fomentar a reutilización e dar un paso máis na súa aposta pola sostibilidade, a beleza das contornas rurais e a promoción da camelia, unha flor de gran valor ornamental e simbólico na vila, na comarca e na provincia. “Queremos que cada botella compartida deixe tamén un rastro de vida e cor nas parroquias de As Neves”, sinalou o alcalde.

    43

    Tags: FestaFesta do viñoviñoviño tinto

    RelacionadosArtículos

    O Correlingua, a festa reivindicativa do galego, alcanza o cuarto de século
    Local

    O Correlingua, a festa reivindicativa do galego, alcanza o cuarto de século

    06 de May, 2025
    Dulce cita gastronómica en Vigo con la fruta estrella del otoño
    Gastronomía

    Dulce cita gastronómica en Vigo con la fruta estrella del otoño

    17 de Oct, 2024
    Comeza a Festa do Viño do Condado máis grande
    Salvaterra de Miño

    Comeza a Festa do Viño do Condado máis grande

    22 de Ago, 2024
    O sector vitivinícola das Rías Baixas, un dos “mellores argumentos” para a desestacionalización turística
    Gastronomía

    O sector vitivinícola das Rías Baixas, un dos “mellores argumentos” para a desestacionalización turística

    24 de May, 2024
    O Corpus Christi de Ponteareas xa é Ben de Interese Cultural
    Ponteareas

    O Corpus Christi de Ponteareas xa é Ben de Interese Cultural

    20 de May, 2024
    Salvaterra encumbra el vino como «motor» económico de Galicia
    Salvaterra de Miño

    Salvaterra encumbra el vino como «motor» económico de Galicia

    28 de Ago, 2022

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La Xunta sentencia: confirma a Caballero por carta (como reclamaba) la financiación del túnel de Elduayen

    La Xunta sentencia: confirma a Caballero por carta (como reclamaba) la financiación del túnel de Elduayen

    por Europa Press
    07 de Ago, 2025
    0

    Vía libre para derribar y rehabilitar un edificio en el centro de Vigo en el que se ganarán dos nuevos dúplex

    Vía libre para derribar y rehabilitar un edificio en el centro de Vigo en el que se ganarán dos nuevos dúplex

    por Redacción
    09 de Ago, 2025
    0

    Vigo mueve ficha y modifica el contrato de las instalaciones deportivas para incorporar el complejo de Samil

    Vigo mueve ficha y modifica el contrato de las instalaciones deportivas para incorporar el complejo de Samil

    por María Alonso
    08 de Ago, 2025
    0

    El Concello de Vigo da un nuevo paso para cambiar (y acristalar) la deteriorada torre de Praza do Rei

    El Concello de Vigo da un nuevo paso para cambiar (y acristalar) la deteriorada torre de Praza do Rei

    por Redacción
    08 de Ago, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El nuevo parque Camilo José Cela
    Más Vigo

    El nuevo parque Camilo José Cela

    El parque Camilo José Cela, ubicado entre la Rúa Torrecedeira y la Rúa Pi y Margall, de la ciudad de...

    por Julio Alonso
    12 de Ago, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo
    Más Vigo

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo

    En 1890, dos fotógrafos suizos abrían en Madrid una imprenta de artes gráficas especializada en fototipia. Desde entonces, Oscar Hauser...

    por Eduardo Rolland
    08 de Jun, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Así los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un mar de poesía tomará el Casco Vello: Enric deSombra presenta su primer libro
    Libros

    Un mar de poesía tomará el Casco Vello: Enric deSombra presenta su primer libro

    La poesía con aroma a mar tiene una cita ineludible en el Casco Vello de Vigo. El próximo 7 de...

    por Redacción
    04 de Ago, 2025

    OPINIÓN

    El eterno problema de la portería del RC Celta
    Opinión

    El eterno problema de la portería del RC Celta

    Se está hablando estos días en la prensa deportiva viguesa de si la portería celeste produce dudas en la afición...

    por Fernando Torres Carbajo
    09 de Ago, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR