A Talangreira do Beque en Moaña celebra o Día das Letras Galegas cun emocionante programa de eventos deseñado para recordar a herdanza cultural galega. A actividade promete unha tarde chea de actividades para todas as idades e gustos.
A celebración dará comezo as 17:00h da tarde cun obradoiro gratuito de impresión en taza,da man de Impregna, marca Moañesa de diseño textil e impresión donde os participantes poderán experimentar mentras crean as súas propias tazas personalizadas gratuitamente para levarse a casa un recordo moi especial.
Inscripción no 655568988.
As 18:00h, a emoción continuará cunha Escape Room ou búsqueda do tesouro dixital dentro do recinto da talangreira, da man da cooperativa da Guarda ‘Skeirrum’.
Esta terá unha duración aproximada de hora e media. A temática desta experiencia será sobre mulleres relevantes de Galicia e levará aos participantes a coñecer e
descubrir a historia destas mulleres mentras resolven retos e desafíos nun entorno estimulante e natural.
O prezo da Escape Room é de 15€ por persona e todos os interesados poderán inscribirse a través do enlace Mulleres relevantes de Galicia: Talangreira do Beque
Para finalizar a xornada, os asistentes terán a oportunidade de disfrutar dun concerto a cargo dun dos grupos de música máis potentes de Galicia, Loita Amada, ás 21:00.
Ademáis de 20:00 a 23:00 horas, ofrecerase unha deliciosa selección de tapas tan só a 4 euros, para que os asistentes poidan disfrutar da música e da gastronomía neste día tan especial.