Este peche ao tráfico, que se está a producir desde as 10.00 horas e durará ata as 13.00 horas, responde á necesidade de garantir a seguridade de usuarios e traballadores.
A autovía do Morrazo é a maior obra viaria que ten actualmente a Xunta en execución, con obras nos treitos 1 e 2. O tramo 3 vén de ser adxudicado e as obras comezarán este mesmo verán, momento en que a totalidade da Autovía do Morrazo estará en execución, supoñendo un investimento total de 54 millóns de euros.
No plano adxuntado como fotografía amósanse os desvíos pola PO-551 que se veñen establecendo habitualmente para a realización de voaduras nesta infraestrutura viaria.