Manuel Carrera fixo o anuncio durante a súa asistencia á primeira xornada da Liga Galega de Baloncesto que se disputou hai uns días no Pabillón Municipal. Carrera salientou o “magnífico traballo” que levan a diante adestradores, directivos e, “especialmente, os deportistas” que contenden a este campionato que terá a súa segunda xornada, en maio e a terceira, en outubro deste 2016, “todas elas no Porriño”.
Nesta primeira parte da competición participaron 17 equipos e 170 xogadoras e xogadores procedentes de toda Galicia, un número que, lembrou o tenente de alcalde, supera o de edicións anteriores, confirmando o aumento constante de practicantes desta modalidade. Manuel Carrera tamén informou de que o vindeiro día 21deste mes, en colaboración co Clube AMFIV, o Concello organizará o ‘III Torneo Solidario Concello do Porriño’ de Baloncesto en Cadeira de Rodas. O mesmo se desenrolará na forma 3×3 e estarán presentes algúns dos mellores xogadores desta disciplina.