Ante esta reiteración, a alcaldesa, Eva García, anunciou este xoves a medida para “saber as circunstancias deste último incidente e, dentro do ámbito das nosas competencias, actuar”.
Igualmente, a administración local “dará copia de toda a información que recabemos ás consellerías de Medio Ambiente e de Industria da Xunta de Galicia para que tamén actúen segundo as súas competencias”.
A Policía Local de Porriño tivo noticia do lume ó redor das 03.00 horas deste xoves. Segundo informou o oficial xefe, mobilizáronse os bombeiros do Porriño e desprazouse un equipo do Grupo Municipal de Voluntarios de Protección Civil cun camión.
Solicitouse tamén apoio dos parques de Vigo e Morrazo, aínda que non foi necesaria a súa intervención pois ás 06.00 horas o lume fora extinguido sen vítimas. Os danos materiais están pendentes de valoración.