A alcaldesa Eva García de la Torre firmou nunha notaría da cidade a escritura de compra-venda o pasado martes 16. O importe da operación é de 276.342 euros. O Concello afrontou ese desembolso a través dunha operación de tesorería despois de vender varias parcelas municipais.
“A opción do aluguer dese local desestimouse pola previsible permanencia no tempo das actividades que vanse desenrolar nese local e ademáis fronte á posibilidade de adquirir patrimonio para o Concello”, manifestou a alcaldesa de Porriño. “A elección deste local en rúa Fernández López responde a a súa ubicación estratéxica, ó carón do Centro Cultural Municipal e da Biblioteca o que permite un mellor aproveitamento e sinerxias entre eles e tamén ó mandato do acordo plenatio que demandaba que fose un local no centro do cosco urbán” suliñou Eva García.
Conforme ás xestions realizadas polo Concello coa dirección da UNED e cos presidentes dos Polígonos Industriais de Porriño, a futura aula comprenderá o curso de acceso a maiores de 25 anos á Universidade así como o establecemento de cursos de formación e capacitación para prácticas en empresas.