Os policías xa tiñan constancia das actividades de un suxeito que se dedicaba a vender droga en dúas zonas do casco urbano, aínda que, ata a noite do pasado luns, día 17 de decembro, non puideron atopalo.
O arrestado estaba nunha céntrica rúa do Porriño e, como constataron os axentes nun control superficial, levaba enriba varios ‘papeliños’ de cocaína, dous cadrozos de marihuana, diñeiro en efectivo e un walkie-talkie presuntamente para que unha terceira persoa o alertase da presenza policial.
Ademais, os policías comprobaron que a este home, que levaba cinco anos fuxindo da Xustiza, lle constaba una orde de arresto e ingreso en prisión ordenada polo Xulgado do Penal número 2 de Pontevedra, polo cal procedeuse a súa detención e posterior presentación, o día 18, no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Porriño en función de garda.
A autoridade xudicial atribúelle un presunto delito contra a saúde pública e ordenou o seu ingreso no Centro Penitenciario de A Lama.