Nesta primeira quenda serán 30 persoas (15 homes e 15 mulleres) de idades comprendidas entre 18 e 40 anos -todas elas empadroadas no Porriño- quen reciban as clases teóricas e prácticas. A parte teórica impartirase no Multiusos de Torneiros e a práctica en vehículo nun circuíto habilitado no PPI-6 do Polígono Industrial de A Granxa.
Ares e Pintor participarán como monitores xunto ao piloto porriñés David González e ao mosense Miguel Rodríguez. Ademais, colaborarán varios axentes da Policía Local do Porriño, que coordina a intendencia e loxística deste curso.
O curso prolongarase durante os meses de outubro, novembro e decembro, sempre en sábados de 09.00 a 13.30 horas. En cada quenda haberá 30 persoas. Na prevista para o 19 de outubro, participará un grupo de maiores de 40 anos, tamén paritario.