Un dos obxectivos principais do programa de reforma e modernización da Administración autonómica é o achegamento físico das oficinas administrativas aos cidadáns, na procura dunha mellora dos servizos que se prestan á cidadanía. Con esta finalidade, a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) firmaron no 2010 un convenio, aínda vixente, para o desenvolvemento da administración electrónica nas entidades locais da Comunidade.
A adhesión da entidade menor de Chenlo a este convenio foi autorizada pola Dirección Xeral de Administración Local, dependente da Consellería Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.