Máis polo miúdo, a actuación está orientada a acondicionar o espazo urbano da avenida e a súa contorna, como acceso principal á cidade. As obras contemplan a mellora estética e dotacional de máis de dous mil metros cadrados, vaise incrementar o espazo para usos pasivos e recreativos, dotarase de atractivo e unidade o conxunto e limparanse os elementos confusos e negativos. Amais, vaise executar a implantación de mobiliario, creación de zonas recreativas e de descanso, integración a través da vexetación, e instalación de beirarrúas con zonas verdes. A actuación tamén implica a execución dunha zona de estancia cuberta e axardiñada, unha mediana de viario con xardín descontinuo de céspede e macizos, novos xardíns, supresión de barreiras arquitectónicas e rotonda con novo xardín.
Ademais das achegas correspondentes á Liña 1, que son este ano de 786.933,47 euros, o concello de O Porriño tamén ten á súa disposición polo Plan Concellos 2019 un total de 100.133,94 euros na Liña 2 de amortizacións e débedas. Así mesmo, outros 245.155,51 euros da Liña 3 de emprego cos que a Deputación financia a contratación de 40 traballadores e traballadoras para o concello.