• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    jueves, 8 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    FESTIVAL DE CANS

    A actriz María Vázquez, recibirá o premio Pedigree de Honor do Festival de Cans

    O actor Eduardo Rodríguez "Tatán", o debuxante Luis Davila "O Bichero" e a veciña Fermina do Pouso, que vai cumprir 100 anos, premiados cos Chimpíns de Prata
    Redacción por Redacción
    14 de Mar, 2024
    en O Porriño
    0
    A actriz María Vázquez, recibirá o premio Pedigree de Honor do Festival de Cans

    O Festival de Cans, que celebrará a súa XXI edición nesta aldea de O Porriño, entre o 21 e o 25 de maio, acordou conceder o seu Premio Pedigree de Honor á actriz María Vázquez, unha das intérpretes máis destacadas do cinema galego dos últimos anos.

    Vázquez estivo nominada ao Goya á Mellor Actriz este ano polo seu traballo en «Matria», filme polo que recibiu en 2023 a Biznaga de Oro á Mellor actriz no Festival de Málaga. A concesión do galardón foi decidida pola asamblea de Asociación Cultural Arela, organizadora do festival. Vázquez releva na máxima distinción en Cans a Luis Zahera, que recibiu o premio o ano pasado.

    María Vázquez é, sen dúbida, unha das actrices galegas mais destacadas da súa xeración e a pesar da súa xuventude xa conta cunha longa traxectoria de 25 anos no cinema español, con participación en preto de vinte filmes ás ordes de directores como Montxo Armendáriz, Icíar Bollaín, Isaki Lacuesta ou Paco Plaza, ademais dos seus traballos en numerosas series de televisión e obras de teatro. Precisamente nestes días estreáse o filme «Los pequeños amores», dirixido por Celia Rico, que obtivo o Premio do Xurado no Festival de Málaga e protagonizado pola actriz galega.

    Intérprete de gran versatilidade, María Vázquez destaca polo seu traballo exhaustivo na construción de personaxes, aos que sempre parece transmitir a súa propia enerxía. O Festival de Cans recoñece tamén en María Vázquez o seu papel como persoa socialmente comprometida e a súa aportación para transformar a sociedade dende unha ollada feminista, así como a súa reivindicación da orixe rural.

    O Festival de Cans valora tamén que, malia á repercusión que ten acadado como actriz, siga participando en proxectos de curtametraxes, así como a enorme conexión que a actriz estableceu coa xente da aldea de Cans nas veces nas que pasou polo festival.

    É a cuarta actriz á que se lle concede o Premio Pedigree de Honor en 21 edicións do evento. En anteriores ocasións foron premiadas Mabel Rivera (2006), María Pujalte (2011) e María Bouzas (2014).

    Además da concesión do premio, María Vázquez colocará a súa estrela no Torreiro das Estrelas de Cans o venres 24 de maio, á beira doutros homenaxeados como Jorge Coira, Luis Zahera, Luis Tosar ou Margarita Ledo.

    «Tatán», «O Bichero» e a señora Fermina, Chimpíns de Prata

    Outros dos galardóns honoríficos do Festival de Cans son os Chimpíns de Prata, que premian o impulso e a relación de profesionais e veciños co certame.

    O Chimpín de Prata «Pepe Puime», será nesta edición para a actor Eduardo Rodríguez «Tatán», histórico actor galego con máis de 40 anos de carreira. Ten participado en quince longametraxes, numerosas obras de teatro e máis de dez curtametraxes.

    Pola última delas, «O coidado», recibiu o pasado ano o premio ao Mellor Actor no Festival de Cans. Nestes momentos, participa como actor no filme «San Simón», de Miguel Ángel Delgado, que se roda estes días.

    Coñecido polo seu traballo ao fronte da compañía de títeres Tanxarina, Tatán foi recoñecido con algún dos máis prestixiosos premios teatrais de Galicia, como o Dorotea Bárcena que concede Fetega de O Carballiño, O Premio da MIT de Ribadavia, o Premio de interpretación Maruxa Villanueva (2018), ou o Xograr de Ouro da FIOT de Carballo. Ademáis da súa dilatada traxectoria como actor, este chimpín de Prata é un recoñecimento a unha persoa moi querida na profesión e sempre disposto a colaborar co Festival de Cans ao longo da súa historia.

    O Chimpín «Divina Campos» será para o ilustrador e debuxante Luis Davila (Bueu, 1972), un dos artistas máis populares de Galicia neste apartado. Davila converteu ó seu personaxe «O Bichero», nun símbolo da iconografía popular galega. A súa viñeta diaria en Faro de Vigo, e o seu agudo sentido do humor é seguido por milleiros de persoas.

    Desde a primeira edición do Festival de Cans, Davila instaurou unha tradición: realizar cada ano unha viñeta sobre o festival, dimensionando e potenciando os elementos do festival, como jalpóns, cortellos ou chimpíns, mesturados con ideas arredor de filmes míticos do cinema ou actores e directores moi coñecidos. Luis Davila non só recibirá este ano o Chimpín de Prata, senón que haberá unha exposición arredor do seu traballo con Cans como inspiración.

    Ademais, como cada ano, o Festival de Cans concede un Chimpín de Prata o labor desinteresado dunha veciña ou veciño na súa aportación ao Festival de Cans. Nesta ocasión o galardón recaerá na muller máis vella da aldea: Fermina Fernández, a Señora Fermina do Pouso, que está próxima a cumprir os 100 anos de idade.

    A Señora Fermina, residente no barrio da Graña onde naceu, é a memoria viva da nosa aldea. Desde hai varios anos colabora prestando a súa testemuña ao Proxecto Cans 303, onde se realizan documentais colectivos que recuperan a memoria da aldea en ámbitos que van dende o contrabando aos bares pechados, ás feirantas ou ás tradicións. A señora Fermina traballou durante a súa vida como costureira polas casas e como vendedora ambulante, sempre combinando coa dura vida do traballo no campo, e coa súa memoria prodixiosa que se presta a rexistrar ano tras ano.

    43

    Tags: Festival de Canspremios

    RelacionadosArtículos

    La suerte de la Lotería de Navidad en Vigo: del sobre ‘cualquiera’ al estreno de un quiosco de Bembrive
    Actualidad

    ¿Cómo y cuándo puedes cobrar los premios de la Lotería de Navidad? Esto es lo que tienes que saber

    22 de Dic, 2025
    Premios Gran de Area en Vigo: del «perfeccionismo» de Bar Boo al racionalismo del edificio Ribas
    Arquitectura

    Premios Gran de Area en Vigo: del «perfeccionismo» de Bar Boo al racionalismo del edificio Ribas

    16 de Dic, 2025
    O Festival de Cans pecha unha edición histórica con preto de 13.000 asistentes e unha forte carga emocional
    Cine

    El Festival de Cans abre las puertas de los Goya a sus participantes y elevará la dotación del premio

    11 de Dic, 2025
    El Premio Carlos Oroza corona a Mariña Pérez y Ángela Álvarez en su segunda edición triunfal
    Libros

    El Premio Carlos Oroza corona a Mariña Pérez y Ángela Álvarez en su segunda edición triunfal

    17 de Oct, 2025
    Vig-sec Drone y AP Asesoría, galardonados con los Premios AJE Vigo, que reconocen la trayectoria de Alfredo Blanco
    Economía

    Vig-sec Drone y AP Asesoría, galardonados con los Premios AJE Vigo, que reconocen la trayectoria de Alfredo Blanco

    01 de Oct, 2025
    La XX edición del Festival de Cans se celebrará entre el 16 y el 20 de mayo de 2023
    Cine

    El Festival de Cans marca un «hito» y puntuará para seleccionar a los finalistas de los Goya

    23 de Jul, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Vigo se convierte en el mercado más exclusivo de Galicia con una subida de un 9% en el precio del alquiler

    por Redacción
    02 de Ene, 2026
    0

    Rincón de Vigo que ya no existe

    Rincón de Vigo que ya no existe

    por Julio Alonso
    06 de Ene, 2026
    0

    «Absoluta decepción» e «inocentada»: así califica la oposición de Vigo el nuevo contrato del bus urbano

    por Redacción
    30 de Dic, 2025
    0

    Calendario laboral en Vigo: el año 2026 se estrena con varios puentes festivos

    por Redacción
    02 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Las antiguas butacas del cine Fraga
    Más Vigo

    Las antiguas butacas del cine Fraga

    Estas son las antiguas butacas del cine Fraga, de Vigo. Son auténticas, pero acusan el uso y el paso del...

    por Julio Alonso
    07 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 4

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    10 novelas y cómics de aventuras de 2025 que no te puedes perder
    Libros

    10 novelas y cómics de aventuras de 2025 que no te puedes perder

    Se acaba un año que nos ha traído grandes publicaciones en cuanto a novelas y cómics de aventuras. ¿Cuáles son...

    por Gabriel Romero de Ávila
    03 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    La comunidad venezolana sale a la calle en Vigo en solidaridad con María Corina Machado
    Opinión

    La cola del consulado (II)

    En mayo de 2023 publiqué en esta misma casa un artículo titulado "La cola del consulado". En el mismo narraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR