• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 7 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Deputación aborda a primeira fase da transformación integral da estrada Mos-Puxeiros

    Carmela Silva: “Respondemos a unha demanda histórica cunha actuación que transformará por completo a estrada co modelo provincial de mobilidade amable e sostible. Vai quedar irrecoñecible”
    Redacción por Redacción
    02 de Ago, 2022
    en Mos
    0
    A Deputación aborda a primeira fase da transformación integral da estrada Mos-Puxeiros

    Representantes provinciais e municipais, este martes na estrada a reformar. / Foto: Deputación de Pontevedra

    A Deputación de Pontevedra vén de dar o primeiro paso para a mellora integral da EP-2601 entre Mos e Puxeiros coa presentación da fase inicial desta actuación para garantir a seguridade viaria e peonil nesta estrada e atender así unha demanda histórica da veciñanza.

    A presidenta provincial, Carmela Silva, acompañada da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e de representantes da corporación municipal, de asociacións veciñais das catro parroquias polas que discorre o viario, dos presidentes da Comunidade de Montes e da Fundación Pazo de Mos, deu a coñecer hoxe este proxecto que, como subliñou, “dá resposta a unha demanda histórica. A actuación vai supoñer un antes e un despois nesta estrada, unha grande transformación na que a prioridades serán as persoas”.

    A presidenta destacou que esta actuación integral dividiuse en catro tramos e decidiuse conxuntamente co Concello e coa veciñanza comezar polo treito de case 600 metros no que se inicia o viario e que discorre pola parroquia de Santa Eulalia, ao ser lugar de paso do Camiño de Santiago, “que debe ser unha prioridade, porque cada día se achega máis xente que o fai e queremos telo nas mellores condicións posibles”.

    As obras, que terán un orzamento de licitación de case medio millón de euros (446.545 euros) -que asumirá ao 100% a institución provincial xa que o 30% de aportación municipal financiarase co Plan Concellos-, garantirán espazos peonís continuos, cunha senda de 2,5 metros de ancho durante a maior parte da estrada, e contempla tamén a renovación do alumeado “con criterios de respecto ao medio ambiente e aforro enerxético” e de servizos como o saneamento.

    Carmela Silva agradeceu a colaboración do Concello e a veciñanza “para dispoñer de todo o que precisabamos para poñer en marcha este novo modelo de infraestruturas provinciais” e anunciou que a partir deste momento “non pararemos ata rematar coa mellora do total de 5,6 quilómetros desta estrada”.

    Deste xeito, se está a traballar nas outras fases do viario “no que xa realizaramos cuestións de mantemento e seguridade pero que é certo como nos trasladou xa hai tempo a alcaldesa que había necesidade de actuar, porque como acontece nos outros 1.700 quilómetros de estradas provinciais, eran vías pensadas para os vehículos e non para as persoas. E ao longo da estrada hai moitos núcleos de poboación e vivendas, e a xente que vive nelas ten que ter espazos para transitar con seguridade, e tamén para camiñar”.

    A presidenta indicou que se espera licitar en setembro esta primeira fase, “e imos priorizala” para que as obras comecen neste 2022, mentres que xa se está a perfilar co Concello a segunda, cuxo proxecto está redactado e está agora pendente da consecución dos terreos necesarios para realizar a obra. “Espero que a veciñanza quede moi contenta, porque esta estrada vai quedar irrecoñecible”, sinalou, ao tempo que destacou a súa implicación, “porque ademais de facer a súa reclamación, comprometeuse no traballo”.   

     A alcaldesa Nidia Arévalo, amosou a súa satisfacción por “poñer xa data” á mellora da estrada, “unha demanda de hai moitísimos anos” e agradeceu o traballo conxunto “sempre da man” da Deputación e coa veciñanza “que estivo do noso lado buscando que o proxecto recollera as demandas de todas as parroquias e agora poñendo a disposición os terreos”. Destacou que “este ano poderemos ver iniciadas as obras nesta estrada, que é das máis transitadas por vehículos, e ten moita participación de persoas ao seu redor”, e lembrou que a EP-2601 transcorre por catro parroquias, “con catro igrexas, dúas escolas con moito alumnado e onde hai zonas con moita cultura e moita vida, co Pazo de Mos, o Centro Dotacional de Torroso, a Asociación de Veciños e Veciñas de Dornelas, e esa era a preocupación, nos atopabamos nunha estrada onde cada día camiña rapazada, persoas maiores, persoas peregrinas e urxíanos comezar”.

    Indicou que esta fase inicial, que se desenvolverá entre a rotonda xunto o Pazo de Mos e a zona de entronque coa N-550, “era a máis urxente porque o Camiño trae máis persoas peregrinas”. “Isto –dixo en referencia ao proxecto presentado hoxe- xa é unha realidade e non remata aquí, senón que non fai máis que empezar”, tras anunciar que a seguinte etapa, na que xa están a colaborar a Deputación, Concello e veciñanza, se desenvolverá en Dornelas, “o tramo máis perigoso e con máis paso de persoas despois desta parte, e a Deputación foi razoable e así é como ten que ser”. 

    Primeira fase

    A zona na que se actuará nesta primeira fase ten unha forte presión peonil, xa que na marxe dereita deste tramo se atopa o acceso ao paseo fluvial e ao parque infantil e na marxe dereita está a igrexa de Santa Eulalia, a entrada ao albergue para as persoas que peregrinan e o aparcamento e parque do Pazo de Mos. Deste xeito, as obras reforzarán a prioridade de paso para as e os viandantes coa execución dunha senda de 2,5 metros de ancho mínimo, desde a intersección do Camiño de Santiago e durante a maior parte da estrada.

    A sección da calzada estará constituída por dous carrís cun ancho mínimo de 3 metros e beiravía na marxe esquerda, e as obras contemplan tamén a ordenación dos espazos e a renovación do pavimento. A circulación rodada suavizarase coa colocación tres pasos de peóns sobreelevados. A mellora completarase coa instalación de mobiliario como bancos e varanda, así como coa renovación da iluminación mediante o soterrado da liña e da instalación de novos puntos de luz con lámpadas LED para mellorar a eficiencia enerxética. Ademais, renovarase a recollida de pluviais.

    43

    Tags: Deputación de PontevedraEP-2601Mos

    RelacionadosArtículos

    Arrancan las obras de humanización de las avenidas de Puxeiros   y de O Rebullón
    Mos

    Arrancan las obras de humanización de las avenidas de Puxeiros y de O Rebullón

    02 de Jul, 2025
    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone
    Mos

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    01 de Jul, 2025
    Tras una persecución policial, interceptan en Mos a un conductor (positivo en alcohol) que se dio a la fuga en Redondela
    Redondela

    Tras una persecución policial, interceptan en Mos a un conductor (positivo en alcohol) que se dio a la fuga en Redondela

    28 de Jun, 2025
    Espectáculo de cores en Pontevedra para recibir aos artistas da Bienal
    Arte

    Espectáculo de cores en Pontevedra para recibir aos artistas da Bienal

    21 de Jun, 2025
    Rescatada una mujer tras caer dentro de un contenedor de basura en Soutomaior
    Comarcas

    Rescatada una mujer tras caer dentro de un contenedor de basura en Soutomaior

    19 de Jun, 2025
    A Deputación mobilizará a máis de 1.900 persoas de entidades de 13 concellos no plan +Convivencia
    Comarcas

    A Deputación mobilizará a máis de 1.900 persoas de entidades de 13 concellos no plan +Convivencia

    19 de Jun, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Caballero veta (también) la reforma de la vieja estación: «Si la Xunta quiere invertir en Vigo tiene infinitas oportunidades»

    por Europa Press
    30 de Jun, 2025
    0

    La Xunta invierte 12,8 millones en 57 nuevas viviendas en Vigo

    Ya es oficial: la Xunta lleva a los tribunales a Vigo por la suspensión de la obra del Centro de Asociacionismo

    por Europa Press
    01 de Jul, 2025
    0

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Conciertos populares de Vigo
    Más Vigo

    Conciertos populares de Vigo

    El Concello de Vigo ha organizado una serie de conciertos populares para acercar la música a la ciudadanía a través...

    por Julio Alonso
    05 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder
    Libros

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder

    Ya tenemos aquí el verano y, con él, una tremenda ola de calor y de novedades literarias. ¿Te animas a...

    por Gabriel Romero de Ávila
    05 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    Envidia de «los chalecos amarillos»
    Opinión

    Envidia de «los chalecos amarillos»

    Siempre he tenido una cierta admiración por la nación que queda al norte de los Pirineos. Cuando pasas la frontera...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Jul, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR