• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    viernes, 3 de febrero de 2023
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • Así funciona o novo servizo gratuíto de bicis entre Galicia e o norte de Portugal

    O ACET Rio Minho e as eurocidades activan a cesión dos vehículos con 46 unidades entre os dous lados da fronteira, coa vocación de ampliar o número de estacións
    Redacción por Redacción
    06 de Jul, 2022
    en Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui
    0
    Así funciona o novo servizo gratuíto de bicis entre Galicia e o norte de Portugal

    Representantes das administracións, cruzando a ponte internacional de Tui coas bicis. / Foto: Deputación de Pontevedra

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    O AECT Rio Minho, en sociedade coas eurocidades Tui-Valença, Tomiño-Cerveira e Salvaterra-Monçao puxo este mércores en circulación ‘E-bike Rio Minho’, un servizo de partilla de bicicletas eléctricas que nace como o primeiro servizo de xestión real verdadeiramente transfronteiriza de toda a Península Ibérica. Grazas á iniciativa, calquera persoa poderá rodar cruzando dun país a outro nas 46 bicicletas dispoñibles de balde simplemente realizando unha tarxeta de persoa usuaria ou ben empregando a aplicación móbil creada para o funcionamento.

    Para a estrea do servizo realizouse un percorrido no que estiveron involucrados non só representantes institucionais (da Deputación, concellos, AECT, CIM e CCDR-N), senón tamén veciñanza de todos os concellos. Partiron comitivas dende Monçao e Salvaterra, tamén de Tomiño e Cerveira e xuntáronse todas coa parte de Tui-Valença no Largo dos Comboios de Valença a media mañá. Dende alí fixeron un treito conxunto cruzando simbolicamente a vella ponte de ferro ata unha explanada anexa á alfándega de Tui, onde se realizaron os discursos oficiais e se tomou un pequeno refrixerio de confraternización.

    O deputado Uxío Benítez destacou que o servizo ‘E-bike Rio Minho’ supón o primeiro proxecto que realmente é de xestión compartida entre os dous países, Galicia e Portugal, para prestar un servizo conxunto a todo o territorio transfronteirizo. Subliñou que se trata dunha iniciativa piloto que ten vocación de ampliación, posto que se está a traballar na consecución de máis fondos comunitarios para aumentar o número de bicicletas dispoñibles, o número de estacións de carga e ancoraxe, e tamén a instalación en máis localidades do Río Miño fóra das eurocidades.

    Segundo o nacionalista, o ‘E-bike’ evidencia varios dos obxectivos estratéxicos do Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial do Rio Minho. O primeiro, que o AECT naceu con vocación de dar servizo a todo o territorio transfronteirizo do Miño; o segundo, fixar e consolidar o Rio Miño como un destino e unha marca turística que sexa atractiva a visitantes; e por último, promover a ligazón e a conectividade na fronteira mediante servizos de mobilidade activa e suave que substitúan aos vehículos como tamén se fará co Anel Verde do Miño, unha iniciativa para crear unha ruta circular na que pasear e circular en bici.

    O deputado de Cooperación Transfronteiriza explicou que o orzamento do proxecto é de 90.000 euros, sendo o 75% do total inxectado dende o FEDER a través do POCTEP e o resto do AECT (Deputación e CIM) e eurocidades. Amais, o estado portugués, a través dun fondo ambiental achegou unha subvención para a instalación de estacións físicas de ancoraxe na parte lusa, que supuxo un investimento doutros 75.000 euros.

    Como funciona o servizo?

    As bicicletas poden ser utilizadas de balde por calquera persoa, xa ben veciña das eurocidades ou visitante puntual, e pódense mover por todo o territorio ribeireño dos concellos beneficiados durante un máximo de tres horas. Para usar un ciclo só é preciso acudir a un punto de atención (Casa do Concello de Tomiño, Oficina de Turismo de Tui –Corredera- ou Concello ou oficina de turismo de Salvaterra) e crear unha tarxeta de persoa usuaria ou empregar a aplicación móbil facendo un depósito con tarxeta que se devolve pasadas 48 horas se non hai danos no equipo.

    As bicicletas dispoñibles están situadas en estacións virtuais no caso dos concellos galegos e estacións con ancoraxe física no caso das câmaras portuguesas. Teñen sistema de xeolocalización e bloquéanse no caso de usos incorrectos. No caso da eurocidade de Tui-Valença pódense retirar e aparcar na Praza da Inmaculada e na Estación de Comboios ou na Piscina Municipal, respectivamente. Estas eurocidades dispoñen de 14 vehículos que agora no verán se poden utilizar entre as nove da mañá e as nove da noite hora galega.

    No caso de Tomiño-Cerveira hai 16 bicicletas que teñen unha estación virtual na Praza do Seixo, mentres que en Cerveira están na Praza do Municipio e na Avenida das Comunidades Portuguesas. En Salvaterra a estación virtual onde se poden retirar e devolver está no Parque de A Canuda, mentres que en Monçao en Lodeira e a Praza Deu la Deu. Pódese obter máis información na web aectriominho.eu/e-bikeriominho.

    🚲 #AECTRioMinho

    'E-Bike Rio Minho' é un proxecto icónico e simbólico, xa que supón o 1º fito de actuación compartida trala problemática vivida na zona polo peche das fronteiras

    👏 Circularán libremente entre as 2 beiras potenciando a relación veciñal e o turismo activo pic.twitter.com/XxOq6BDSRt

    — Deputación Pontevedra (@depo_es) July 6, 2022

    Obras nas pontes e novos viadutos

    A presidenta de Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, destacou a “experiencia única” que supuxo “saír de Valença e chegar a Tui” paseando sobre as bicicletas transfronteirizas “por esa ponte que é un símbolo internacional”. A mandataria fixo fincapé na importancia de “traballar xuntos e xuntas” para situar o territorio do sur de Galicia e o norte de Portugal “en proxectos que van atraer moitas persoas visitantes e que permitirán amosar os valores medioambientais, culturais e patrimoniais que son un orgullo para todas e todos nós”. Estes proxectos de futuro comezan con “ideas concretas” como este ‘E-Bike Rio Minho’ impulsado pola AECT Rio Minho, “unha das máis activas que existen” e que “transforma o territorio para mellorar as vidas da xente”. 

    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, manifestou a súa esperanza de que a vella ponte de Tui sexa a futuro un viaduto no que circulen unicamente bicicletas e persoas a pé, idea que supón un grande “reto e desafío”. Así o subliñou o presidente de câmara de Valença Jose Manuel Vaz Carpinteira, que asegurou que o desexo “non será fácil” pero servirá para potenciar a mobilidade suave e gozar da paisaxe e o patrimonio.

    A alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, subliñou que na xornada de hoxe deuse a coñecer o traballo importante feito dende o AECT e as eurocidades sobre o medio ambiente e o turismo. “Esta mobilidade suave incrementará o atractivo e a visita aos nosos municipios”, dixo, asegurando que dende Monçao-Salvaterrra estase a traballar nun proxecto de modificación da súa ponte internacional (a terceira de máis transito de toda a fronteira peninsular) para garantir un mellor espazo a bicicletas e turismo. O presidente de Monçao, pola súa banda, salientou que haberá “un espazo en condicións para rodar en bici e ir a pé” para potenciar o goce dunha natureza única “e vivir unidos polo pai Minho”.

    Finalmente, a rexedora de Tomiño, Sandra González, salientou o traballo transfronteirizo. “Non podiamos ter pasado máis obstáculos: a pandemia, a crise de bicicletas e a crise de microchips, pero mesmo así este proxecto saíu adiante. Non foi sinxelo pero fomos quen de facelo”, destacou, ao tempo que lembrou que a iniciativa une dúas cousas que marcan o ADN da eurocidade, a mobilidade suave e a cooperación transfronteiriza: “Cada vez máis a UE valora máis estes proxectos que cosen a fronteira e unen a pobos veciños. As bicis van ser moi usadas e a veciñanza sentirase preto. E nós traballaremos para ter a nosa nova pasarela que atravesará o Parque da Amizade e poidan pasar por alí cruzando o Miño”.

    🚲 #AECTRioMinho

    Seguimos percorrendo a unión entre Valença e @Concellotui nesta posta de longo do servizo de partilla 'E-Bike Rio Minho' pic.twitter.com/oqnPxh2Pim

    — Deputación Pontevedra (@depo_es) July 6, 2022

    Pola súa banda, o director do AECT, Rui Teixeira, subliñou que este proxecto é “un paso pequeno máis moi importante no ámbito da sustentabilidade e o turismo. Temos as bicicletas da ‘Amizade’ e van dar a coñecer o territorio a quen o visite”.

    O presidente da CIM Alto Minho, Manoel Batista, subliñou, pola súa parte, o proxecto extraordinario do ‘E-bike’ posto que “marca un novo nexo entre o territorio”. Salientou que dado que en breve haberá unha nova eurocidade formada por As Neves, Arbo, Cañiza, Crecente e Arbo, será preciso ampliar o proxecto. Tamén fixo fincapé na necesidade de construción dunha nova ponte internacional en Melgaço para que asuma parte do tráfico de vehículos e faga fluír mellor a mobilidade activa.

    Finalmente, o vicepresidente da CCDR-N, Bernardino Pinto, subliñou a alegría de que o proxecto da partilla das bicis transfronteirizas sexa unha realidade. “Este proxecto ten que ser replicado noutros lugares porque vai en beneficio da poboación e traspasa barreiras que aquí foron vencidas. É un exemplo moi grande do bo uso dos fondos comunitario e supón vencer un desafío: usar os fondos con grande proveito para as persoas con ambición e tendendo lazos de amizade”, concluíu.

    Tags: AECTBicicletasMonçaoSalvaterra de MiñoTomiñoTuiValençaVila Nova de Cerveira

    RelacionadosArtículos

    Un coche y un autobús con una treintena de menores, implicados en un accidente sin heridos en Tui
    Tui

    Un coche y un autobús con una treintena de menores, implicados en un accidente sin heridos en Tui

    30 de Ene, 2023
    Samara Mouriño e Jorge Bouzada, premiados polo seu esforzo e a súa superación persoal
    Tomiño

    Samara Mouriño e Jorge Bouzada, premiados polo seu esforzo e a súa superación persoal

    22 de Ene, 2023
    Adif instalará aparcamientos seguros para bicicletas en la estación de Vigo-Guixar
    Local

    Adif instalará aparcamientos seguros para bicicletas en la estación de Vigo-Guixar

    19 de Ene, 2023
    La reforma de la calle Miño de Salvaterra recibirá 340.000 euros para adaptarse al tráfico con Portugal
    Salvaterra de Miño

    La reforma de la calle Miño de Salvaterra recibirá 340.000 euros para adaptarse al tráfico con Portugal

    17 de Ene, 2023
    Tomiño contratará a 23 persoas desempregadas ao abeiro do Plan Concellos 2023
    Tomiño

    Tomiño contratará a 23 persoas desempregadas ao abeiro do Plan Concellos 2023

    13 de Ene, 2023
    Tui anuncia la incorporación de 5 agentes a la Policía Local tras “varios días sin servicio de tarde”
    Tui

    Tui anuncia la incorporación de 5 agentes a la Policía Local tras “varios días sin servicio de tarde”

    12 de Ene, 2023

    Más Vistos

    Cierra la histórica Panadería Florida de Vigo, activa desde 1974: “Nos hemos visto ahogados”

    Cierra la histórica Panadería Florida de Vigo, activa desde 1974: “Nos hemos visto ahogados”

    por Raquel F. Novoa
    27 de Ene, 2023
    0

    Caballero anuncia el regreso de los conciertos de Carnaval y avanza que hay “bastantes cerrados” para Castrelos

    Caballero anuncia el regreso de los conciertos de Carnaval y avanza que hay “bastantes cerrados” para Castrelos

    por Redacción
    27 de Ene, 2023
    0

    Navia crece más allá del PAU: nuevo edificio de 38 viviendas en condominio con solarium y piscina

    Navia crece más allá del PAU: nuevo edificio de 38 viviendas en condominio con solarium y piscina

    por Redacción
    29 de Ene, 2023
    0

    La plantilla de Vitrasa denuncia sanciones “desproporcionadas” por temas “sin importancia”

    La plantilla de Vitrasa denuncia sanciones “desproporcionadas” por temas “sin importancia”

    por David Lorenzo
    01 de Feb, 2023
    0

    Un vigués sale ileso tras empotrarse contra la plaza de América y dar positivo en alcohol

    por Redacción
    02 de Feb, 2023
    0
    Un vigués sale ileso tras empotrarse contra la plaza de América y dar positivo en alcohol
    Sucesos

    Un conductor, natural de Vigo y de 31 años de edad, ha quedado investigado como presunto autor de un delito

    Leer mas

    El Concello de Vigo pide a la Xunta que “devuelva” los terrenos de la antigua estación de autobuses

    por Redacción
    02 de Feb, 2023
    0
    El Concello de Vigo pide a la Xunta que “devuelva” los terrenos de la antigua estación de autobuses
    Local

    El Concello de Vigo quiere disponer de las parcelas en las que se construyó en su día la antigua estación

    Leer mas

    Un aficionado del Celta se enfrenta a 6.000 euros de multa por lanzar un mechero al terreno de juego

    por Redacción
    02 de Feb, 2023
    0
    Un aficionado del Celta se enfrenta a 6.000 euros de multa por lanzar un mechero al terreno de juego
    Celta

    Agentes de la Policía Nacional identificaron el pasado domingo en Balaídos a uno de los acusados de tirar objetos al

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR