• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 5 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Deputación inaugura a «innovadora e tecnolóxica» musealización do Castelo de Sobroso

    O proxecto, cun investimento de 260.000 euros, potenciará a toda a comarca do Condado e A Paradanta e a "converterá nun dos grandes focos de atracción turística da provincia", segundo destacou Carmela Silva
    Redacción por Redacción
    04 de Abr, 2022
    en Condado
    0
    A Deputación inaugura a «innovadora e tecnolóxica» musealización do Castelo de Sobroso

    Foto de familia da inauguración da musealización do Castelo de Sobroso. / Foto: Deputación de Pontevedra.

    De “día histórico” cualificou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, este luns no que se vén de inaugurar a musealización do Castelo de Sobroso, posible “grazas ao extraordinario traballo e enorme esforzo de dúas institucións, concello de Ponteareas e Deputación, que traballamos colaborativamente, sumando ideas, para que isto fose realidade”. A presidenta deu o pistoletazo de saída á innovadora e tecnolóxica musealización que potenciará a toda a comarca e a converterá nun dos grandes focos de atracción turística da provincia.

    Silva, quen recordou o papel desenvolvido neste proxecto polo anterior alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, falecido hai case un ano, estivo acompañda da alcaldesa Cristina Fernández, xunto a alcaldesas e alcaldes dos concellos do Condado e A Paradanta: Mondariz, Mondariz-Balneario, A Cañiza, Covelo e As Neves;  así como representantes do tecido cultural e social, medios de comunicación, instagramers de turismo, e de José Germán, neto de Alejo Carrera Muñoz, antigo propietario do Castelo de Sobroso.

    “Esta musealización –subliñou Carmela Silva- vai servir para que moita xente veña visitarnos pero tamén para que todas e todos nós nos sintamos grandes, porque somos, e sempre fomos ao longo da historia, un pobo grande”. Tamén nesta liña se pronunciou a alcaldesa Cristina Fernández quen asegurou que a iniciativa desenvolvida en Sobroso “é un luxo e unha xoia, que abre moitas posibilidades para Ponteareas e toda a comarca do Condado e A Paradanta”.

    A xornada de inauguración do Castelo de Sobroso vestiuse de trasnos e seres do Bosque Atlántico coa produción “Bosque Vivinte”, a cargo das actrices de Sarao Animación a través da cal criaturas da natureza de Sobroso deron á benvida ao público asistente. Da súa man, e da do director da musealización, Antoni Nicolau, as persoas convidadas coñeceron o proxecto desenvolvido no castelo, que, unido a Soutomaior, converte á provincia no único destino galego con espazos fortificados musealizados e adaptados ás novas tecnoloxías, para atraer así a visitantes que demandan experiencias únicas. “Somos –asegurou Carmela Silva- das poucas institucións que teñen feito este tipo de musealizacións que contan a historia dende o século XII con elementos e innovacións do século XXI”.

    “Aquí -enxalzou a presidenta sobre Sobroso- aconteceron sucesos moi relevantes e esta musealización permite poñer en valor a longa historia que temos como pobo, descubrindo dende a persoeiros moi relevantes ata acontecementos que tiveron a grandes mulleres e homes como protagonistas”. Neste eido a presidenta detallou o papel de Dona Urraca, “a primeira raíña de Europa”, ou o paso polo castelo da feminista Emilia Pardo Bazán, asegurando que “non é que esteamos feminizando o castelo é que por aquí pasaron grandes mulleres, que deixaron unha pegada moi potente”.Tamén se detivo na figura de Alejo Carrera, “que fixo o que moitos mecenas, non permitir que morrera o noso patrimonio, reconstruír o castelo e permitirnos que hoxe teñamos esta xoia”. Todas estas figuras, así como a historia de trobadores ou profesionais da cantería, as lendas, ou outras cuestións “que forman parte da nosa historia esquecida e non contada”, teñen o seu espazo na musealización de Sobroso e comparten protagonismo co territorio e a contorna, “moi rica en lendas, gastronomía ou historias que temos que poñer en valor porque isto é o que buscan hoxe as e os novos turistas, que buscan identidade propia, emocións, e, neste territorio, imos sobradas e sobradas disto”, detallou Carmela Silva.

    O proxecto de musealización

    O investimento realizado na musealización do Castelo ascende a máis de 260.000 euros que permitiron dotar ao recinto dun equipamento museográfico actual, moi dixital, e potenciar o seu atractivo acorde coas tendencias da demanda turística. Así, tal e como se descubriu hoxe da man de Antoni Nicolau, as estancias adecuáronse para poñer en valor os recursos da comarca e ofrecer experiencias a través das tecnoloxías e de producións audiovisuais que recollen, de xeito ameno e entretido,dende os diferentes sucesos históricos que  aconteceron en Sobroso ata as historias das personaxes vinculadas ao mesmo.

    O proxecto dota ao castelo dun percorrido polas súas salas que abranguen sete temáticas:“Sobroso na paisaxe”, onde se presenta unha impresión fotográfica dun gran mapa no chan e caixas retroalimentadas con imaxes nas paredes; “A historia do Castelo e os seus habitantes”; cun audiovisual que narra a vida na fortaleza medieval; “O castelo, protagonista na Idade Media”, cunha montaxe con elementos téxtiles e módulos de personaxes como Urraca I de León, Alfonso VII de León, Dinis de Portugal ou Isabel de Aragón; “O castelo, da destrución á recuperación”, que consiste nun “videomapping” para simular a destrución e reconstrución do castelo sobre as propias pedras, centrándose nos cambios experimentados no século XX e no papel desenvolvido polo xornalista Alejo Carrera; “A construción do Castelo”, con paneis gráficos sobre os traballos para erixir a fortaleza, introducindo ao público no oficio da cantería, con explicacións sobre as marcas de cantería que abundan no castelo; “Os seres máxicos e a auga”, que inclúe lendas dos bosques de Sobroso nun ambiente iluminado especialmente para a ocasión; e “Os castelos, escenario de trobadores”,onde se recupera a tradición oral en torno ao castelo e a súa contorna, fundamental para impulsar o patrimonio inmaterial do castelo. O percorrido deseñado, pensado para grupos reducidos de ata 15 persoas, remata co acceso á terraza, situando as e os visitantes na comarca e nos recursos da mesma.

    As visitas irán acompañadas dun guía que, mediante unha tableta dixital, activará e desactivará as producións audiovisuais en forma de caixas máxicas, videomapping, xogos de luz e son, que se atopan nas distintas salas do castelo, e elixirá o idioma correspondente á visita (galego, castelán ou inglés). Amais, explicará os detalles históricos e anécdotas do edificio e das persoas que o habitaron, adaptada tanto a visitas escolares cun carácter máis pedagóxico como a público familiar cun carácter máis lúdico.

    Xornadas de portas abertas

    Ao fío da inauguración da musealización do Castelo de Sobroso terán lugar unhas xornadas de portas abertas nas que poderán participar ata 450 persoas. A partir de mañá, martes 5 de abril, poderase facer xa a reserva (en reservas.castelodesobroso@depo.es) para participar nesta actividade que terá lugar os días 9, 10, 14, 15 e 16 de abril, con 6 pases diarios para 15 persoas cada un, ás 11, 12, 13 horas da mañá e ás 16, 17 e 18 horas da tarde.  “Estou segura que serán un éxito e que en cinco minutos van quedar esgotadas todas as prazas”.

    Carmela Silva tamén adiantou que ao longo desta semana se habilitará unha web propia sobre o castelo na que se detallará toda a información histórica e a actualidade sobre o recinto. Ademais, a partir de maio, abriranse xa a venda as entradas para que todas as persoas interesadas poidan visitar a innovadora musealización do castelo de Sobroso.

    43

    Tags: Castelo de SobrosoDeputación de Pontevedra

    RelacionadosArtículos

    Nace la carrera que te llevará entre castillos, leyendas y naturaleza en plenas Rías Baixas
    Atletismo

    Nace la carrera que te llevará entre castillos, leyendas y naturaleza en plenas Rías Baixas

    25 de Jun, 2025
    Espectáculo de cores en Pontevedra para recibir aos artistas da Bienal
    Arte

    Espectáculo de cores en Pontevedra para recibir aos artistas da Bienal

    21 de Jun, 2025
    A Deputación mobilizará a máis de 1.900 persoas de entidades de 13 concellos no plan +Convivencia
    Comarcas

    A Deputación mobilizará a máis de 1.900 persoas de entidades de 13 concellos no plan +Convivencia

    19 de Jun, 2025
    La humanización de la Rúa da Forca en Salvaterra transforma el espacio público
    Salvaterra de Miño

    La humanización de la Rúa da Forca en Salvaterra transforma el espacio público

    06 de Jun, 2025
    A Deputación convoca as axudas para a promoción do deporte de alto nivel da provincia, dotadas con 405.000 euros
    Comarcas

    A Deputación convoca as axudas para a promoción do deporte de alto nivel da provincia, dotadas con 405.000 euros

    05 de Jun, 2025
    A Deputación reformará toda a contorna da igrexa de Donas
    Gondomar

    A Deputación reformará toda a contorna da igrexa de Donas

    04 de Jun, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 8

    59

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Caballero veta (también) la reforma de la vieja estación: «Si la Xunta quiere invertir en Vigo tiene infinitas oportunidades»

    por Europa Press
    30 de Jun, 2025
    0

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    0

    La Xunta invierte 12,8 millones en 57 nuevas viviendas en Vigo

    Ya es oficial: la Xunta lleva a los tribunales a Vigo por la suspensión de la obra del Centro de Asociacionismo

    por Europa Press
    01 de Jul, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Conciertos populares de Vigo
    Más Vigo

    Conciertos populares de Vigo

    El Concello de Vigo ha organizado una serie de conciertos populares para acercar la música a la ciudadanía a través...

    por Julio Alonso
    05 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder
    Libros

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder

    Ya tenemos aquí el verano y, con él, una tremenda ola de calor y de novedades literarias. ¿Te animas a...

    por Gabriel Romero de Ávila
    05 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    Envidia de «los chalecos amarillos»
    Opinión

    Envidia de «los chalecos amarillos»

    Siempre he tenido una cierta admiración por la nación que queda al norte de los Pirineos. Cuando pasas la frontera...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Jul, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR