Ata que non se aprobe o Real Decreto Ministerial o ORAL non pode aplicar bonificacións ou exencións pero si paralizar o cobro atendendo a circunstancia especial de situación de zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil declarada polo Consello de Ministros o pasado día 7 de setembro.
Serán os departamentos ministeriais competentes os encargados de decretar as medidas definitivas para a exención do IBI dos 34 inmobles afectados (32 urbanos e 2 rústicos).