Segundo informou o 112, o accidiente rexistrouse ás 23:15 horas e un particular indicou que dende a súa casa estaba vendo o accidente e que podía haber persoas atrapadas. Por elo, dende o CAE 112 Galicia pasouse aviso a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Baixo Miño. Tamén se requiriu a intervención dos axentes de Tráfico e de Protección Civil.
Sen embargo, efectivos do GES da Garda que circulaban nese intre por esa estrada e que se atoparon co accidente, confirmaron que non había persoas atrapadas pero que si un dos implicados precisaba asistencia sanitaria con urxencia.
Tanto o piloto como a conductora do coche foron evacuados a Vigo. A intervención do persoal do servizo de mantemento da estrada tamén foi requirido polo persoal do 112 Galicia.