• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    jueves, 3 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    nadal 2019

    Pista de xeo, Mercado e ampla programación na rúa no Nadal da Guarda

    Haberá unha zona de obradoiros e actividades infantís na Praza Bautista Alonso (Monterreal)
    Redacción por Redacción
    13 de Nov, 2019
    en A Guarda
    0
    Pista de xeo, Mercado e ampla programación na rúa no Nadal da Guarda

    A reunión, que se celebrou na Casa dos Alonso e que contou coa asistencia de máis dunha vintena de comerciantes, estivo encabezada pola concelleira de Desenvolvemento Local, Fátima Rodríguez, que quixo aproveitar esta ocasión para recordar aos presentes a forte aposta que dende o Concello da Guarda se está a realizar para dinamizar e promover o comercio e hostalaría, sectores fundamentais para o tecido económico da Guarda e que se distinguen pola súa calidade, a súa diversidade e variedade de servizos, facendo especial fincapé en que esta campaña se realiza para dinamizar estes sectores de cara a unhas datas moi importantes para a vila, nun dos municipios con maior densidade comercial de Pontevedra, o que repercute moi positivamente, xerando recursos, riqueza e emprego.

    Este ano preténdese sacar á rúa a programación de actividades de nadal, xerando un maior movemento de persoas pola vila, favorecendo a mobilidade das persoas polo casco urbano e incentivando as compras no comercio local.

    Pista de xeo para o Nadal 2019
    En canto á Programación de Nadal, Fátima Rodríguez anunciou que este ano A Guarda contará novamente cunha Pista de Xeo, que estará instalada na Alameda da Guarda dende o 5 de decembro ata o 19 de xaneiro de 2020. Este ano establécese un sistema de puntos que permitirá facer promocións a través das empresas locais, cada entrada para a Pista de Xeo terá un custo de 7 puntos e cada punto terá un valor de 1€.

    Todos aqueles comercios que desexen dispor de puntos para a Pista de Xeo poderán mercar os que desexen a partires do 25 de novembro na empresa colaboradora Informática San Benito no teléfono 986 60 89 20, tamén se poderán mercar “in situ” unha vez estea instalada a Pista de Xeo na Alameda da Guarda. As empresas que se adhiran ao sistema de puntos deberán de manter o seu compromiso de dispor de puntos nos seus establecementos ao longo da duración da campaña de Nadal, do 5 ao 19 de xaneiro, o seu reparto entre os seus clientes queda á elección de cada comerciante, os puntos que non se consuman ao remate da campaña serán reembolsados. Cada local participante aparecerá nunha lona na propia pista de xeo e terá un cartel anunciador da campaña no seu establecemento. Tamén se disporá de espazos publicitarios no interior destas instalacións, un lugar para dar visibilidade aos servizos e produtos das empresas que desexen incluír publicidade alí.

    Dende o Concello da Guarda recórdase ao comercio e ao sector hostaleiro o importante esforzo económico que supón traer novamente á Guarda unha Pista de Xeo, polo que se pide a súa colaboración e implicación para facer que o seu funcionamento sexa o agardado e se converta nunha tradición do Nadal Guardés.
    Coa instalación desta Pista de Xeo preténdese incentivar o consumo e as estancias de visitantes na Guarda, nunha das épocas de maior afluencia e máis importantes para o tecido económico guardés como é o Nadal.

    Mercado de Nadal e actividades infantís
    Ademais da Pista de Xeo, A Guarda contará este Nadal con moitas máis actividades e diversión para toda a familia con dous espazos de dinamización: un Mercado de Nadal, que estará no entorno da Praza Avelino Vicente(As de Copas) e unha zona de obradoiros e actividades infantís na Praza Bautista Alonso(Monterreal).

    Decora o teu Nadal
    A Campaña de “Decora o teu Nadal” contará este ano coa colaboración de 11 asociacións, que embelecerán 11 espazos públicos do municipio coa temática mariñeira empregando materiais de refugallo.

    Máis actividades
    Como ven sendo habitual celebrarase a Cabalgata de Reis Magos e tamén haberá as tradicionais actuacións musicais de nadal, como o Festival de Panxoliñas e concertos de nadal.

    43

    RelacionadosArtículos

    Rescatan a una bañista de 70 años en una playa de Moaña con síntomas de embriaguez
    Moaña

    Rescatan a una bañista de 70 años en una playa de Moaña con síntomas de embriaguez

    02 de Jul, 2025
    Transportes subraya que la exclusión de Vigo como puerto nodal «no le priva de mecanismos de financiación»
    Marítima

    Transportes subraya que la exclusión de Vigo como puerto nodal «no le priva de mecanismos de financiación»

    02 de Jul, 2025
    Vigo cuestiona las cifras de inversión de la Diputación: «La mayoría son de la época de Carmela Silva»
    Local

    Vigo cuestiona las cifras de inversión de la Diputación: «La mayoría son de la época de Carmela Silva»

    02 de Jul, 2025
    La UVigo logra una ayuda de 25.000 euros para avanzar en la investigación del osteosarcoma
    Local

    La UVigo logra una ayuda de 25.000 euros para avanzar en la investigación del osteosarcoma

    02 de Jul, 2025
    Instalan mesas informativas en Vigo para recoger firmas por un Castrelos sin tabaco
    Local

    El BNG exige a Caballero un servicio de ayuda en el hogar «adecuado y digno»

    02 de Jul, 2025
    Primeras restricciones de tráfico en pleno centro de Vigo por las obras de las rampas del Paseo de Granada
    Local

    Primeras restricciones de tráfico en pleno centro de Vigo por las obras de las rampas del Paseo de Granada

    02 de Jul, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    59

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Caballero veta (también) la reforma de la vieja estación: «Si la Xunta quiere invertir en Vigo tiene infinitas oportunidades»

    por Europa Press
    30 de Jun, 2025
    0

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    0

    La noria concluye su montaje horas antes de empezar las fiestas de Coia: este es el programa de verbenas

    Caballero rectifica y trata ahora de salvar la fiesta de Coia

    por Redacción
    27 de Jun, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    45

    MÁS VIGO

    Atardecer en el Paseo de Alfonso XII
    Más Vigo

    Atardecer en el Paseo de Alfonso XII

    Este es, sin duda, uno de los mejores miradores que tiene la ciudad de Vigo. Desde estos bancos, ubicados en...

    por Julio Alonso
    02 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar
    Libros

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar

    La Praza de Compostela se ha convertido este martes en el epicentro de la cultura gallega con la inauguración de...

    por Redacción
    01 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    2022, el año de la unión y movilización enfermera
    Opinión

    De nuestra extra, que no se coman ni un euro

     Por Asunción Maus, secretaria general de SATSE Galicia. Las enfermeras y fisioterapeutas que trabajamos en el Servizo Galego de Saúde...

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR