Nas preparacións efectuadas hoxe na propia praza utilizáronse bacallau, tenreira e riles comprados nos propios postos. Ademais, entre as distintas preparacións culinarias, o alumnado do Manuel Antonio elaborou dous cócteles de lima con fresas e uva e outro de laranxa con cava. O menú foi unha homenaxe a varios países de Europa con preparacións como o francés “ratatouille” (guiso de hortalizas); o británico “steak and kidney pie” (pastel de vacún e riles); o holandés “ewertonsoep” (guiso de chícharos e cárnicos sobre vaso de chopo e espetada); o danés “fiskefrikadeller” (albóndegas de bacallau); o noruegués “tosta de salmón”; o inglés “biscoito borracho con crema”; e o francés “enreixados de manzá e cabelo de anxo”.
Santos Héctor destacou que a campaña “Degusta Europa” quere render unha homenaxe ao “Día de Europa” que celebramos o nove de maio, “xuntando algo tan noso como son os produtos naturais coa mellor gastronomía dos nosos países veciños”. “As preparacións que hoxe degustamos en A Guarda contan cun traballo moi importante do alumnado dun dos centros de referencia da nosa provincia en materia de hostalaría”. A Deputación de Pontevedra, segundo manifestou o deputado de Turismo, quere con esta iniciativa poñer en valor os mercados e prazas de abastos das nosas vilas “apostar polos produtos de temporada e ao mesmo tempo que os veciños e veciñas coñezan o talento que escoden os alumnos e alumnas dos dous centros de referencia da nosa provincia. Hoxe en A Guarda nos acompaña o alumnado do Centro Manuel Antonio de Vigo, uns verdadeiros expertos e expertas entre os fogóns”.
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, mostrouse unha vez máis moi satisfeito de que a campaña “Degusta Europa” escollera a súa localidade para celebrar unha nova edición e agradeceu a todos os alumnos e alumnas do Manuel Antonio o seu traballo, non só nos fogóns preparando as “delicatessen” senón tamén na preparación das mesas e no servizo para atender aos centos de veciños e veciñas que se acercaron a praza da degustar as preparacións de salgados e doces. De feito as preto de duascentas mini hamburguesas de tenreira agotáronse aos poucos minutos. Antonio Lomba subliñou que a praza da Guarda ofrece unha calidade nos seus produtos que se poido demostrar hoxe mediante as preparacións que ofreceu o alumnado do Manuel Antonio “que nos ofertan uns pratos que teñen unha visión moi agradable e estou seguro que o seu sabor vai ser espléndido”.
A campaña “Degusta Europa” terá a súa continuación mañá venres no mercado de Cangas entre as doce e a unha da tarde, para continuar en Vigo o próximo día oito de maio, da man dos alumnos e alumnas do centro Manuel Antonio de Vigo.