• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    sábado, 2 de julio de 2022
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • UVigo e Deputación poñen valor o traballo das científicas e procuran vocacións

    A feira ‘A ciencia que vén ten nome da muller’ permitiu levar o coñecemento á rúa e promover as carreiras científicas e técnicas entre as rapazas de Vigo
    Redacción por Redacción
    18 de Mar, 2022
    en Ciencia y Tecnología
    0
    UVigo e Deputación poñen valor o traballo das científicas e procuran vocacións

    Participantes na feira, este venres no Berbés. / Foto: DUVI

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    Visualizar especies singulares de diferentes ecosistemas. Detectar manipulacións nas imaxes. Descubrir como evoluciona o cerebro e as súas neuronas. Achegarse e imitar as pinturas rupestres. Aprender cuestións relacionadas coa economía, a sociedade e o medio ambiente. Subtitular un vídeo. Estas son só algunhas das actividades nas que deste venres puideron participar nenos e nenas, mozos e mozas, así como as súas familias, na feira científica ‘A ciencia que vén ten nome de muller’.

    Organizada pola Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo, con financiamento da Deputación de Pontevedra e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia y Tecnología- e a colaboración do Concello de Vigo, a feira achega a través dunha ducia de postos situados nunha carpa situada na praza do Berbés, o traballo que desenvolve o persoal investigador da UVigo, nomeadamente as mulleres, co obxectivo de espertar vocacións científicas, en especial entre as nenas e as mozas.

    Uns 80 estudantes de quinto e sexto de Primaria do CEIP Frián de Teis foron os primeiros en descubrir este mediodía os doce postos da feira ,dos que nove corresponden a grupos de investigación da UVigo; un á Unidade de Igualdade, no que se amosan diferentes xogos e actividades vinculados á muller na ciencia; e outros dous informativos sobre a Deputación de Pontevedra e a propia Universidade de Vigo.

    Durante dúas horas, as es os estudantes convertéronse en detectives de imaxes da man das e dos investigadores do Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións do Centro atlanTTic; responderon ás preguntas que sobre economía e sociedade lles formularon os integrantes de Ecobas; descubriron a evolución do cerebro e o seu funcionamento e puideron extraer o ADN do plátano, cos grupos de Neurofisioloxía e Xenómica; aprenderon como se pintaba na prehistoria co grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio; descubriron propiedades da linguaxe e a  comunicación co Grupo de Investigación en Lingua Española e Linguas Signadas; manipularon os  recursos minerais co Grupo de Xestión Segura e Sostible de Recursos Mineiros e familiarizáronse con especies mariñas e terrestres cos grupos de Oceanografía Biolóxica e Bioloxía Ambiental.

    Mulleres que fan ciencia e precisan unha remuda

    O reitor da UVigo e a presidenta da Deputación de Pontevedra foron os encargados este mediodía de inaugurar a feira, e ambos coincidiron á hora de poñer en valor o traballo que desenvolven as mulleres nos ámbitos científico e tecnolóxico, así como na necesidade de incrementar o número de mozas que se matriculan nestes estudos universitarios.

    Manuel Reigosa destacou o compromiso da UVigo con levar a ciencia ás rúas, como un xeito de estar máis presente na sociedade na que se insire. O reitor da UVigo sinalou a ciencia como un posibilidade de futuro profesional e animou ás mulleres a que “non deixen as ciencias fóra das súas carreiras”, ao tempo que afirmou que “o talento feminino pode agromar na UVigo e en calquera universidade”.

    Pola súa banda, Carmela Silva felicitou á UVigo “por sacar a ciencia á rúa” e lamentou a escasa representación feminina nas carreiras científicas, así como nas direccións dos grupos de investigación. “É fundamental poñer o foco para alertar da inxustiza e animar ás mulleres a que sexan científicas”, dixo a presidenta da Deputación de Pontevedra.

    Sete meses de eventos e actividades

    A ciencia que vén ten nome de muller está organizada ao abeiro do  programa ‘Ciencia de ida e volta’, o plan anual de actividades para o curso 2021/2022 da Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo, ao abeiro do que xa se levaron a cabo actividades como a exposición itinerante ‘100 lunas cuadradas’, un concurso de vídeos científicos, diferentes iniciativas organizadas co gallo do 11F, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia…

    Por diante quedan múltiples eventos, entre eles, algúns cos que celebrar datas coma o Día Mundial da Saúde, o 7 de abril, ou o Día Mundial dos Océanos, o 8 de xuño.

    Tags: cienciaDeputación de PontevedraUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    A UVigo confírmase como a primeira administración pública galega máis transparente
    Local

    A UVigo confírmase como a primeira administración pública galega máis transparente

    01 de Jul, 2022
    O equipo de aeromodelismo da UVigo competirá na Air Cargo Challenge 2022 en Alemaña
    Ciencia y Tecnología

    O equipo de aeromodelismo da UVigo competirá na Air Cargo Challenge 2022 en Alemaña

    30 de Jun, 2022
    A domótica chega a Praia América para controlar o enchido das papeleiras ou o consumo de auga
    Nigrán

    A domótica chega a Praia América para controlar o enchido das papeleiras ou o consumo de auga

    29 de Jun, 2022
    Relacións Laborais e Recursos Humanos terá quenda de tarde o vindeiro curso na Uvigo
    Local

    Relacións Laborais e Recursos Humanos terá quenda de tarde o vindeiro curso na Uvigo

    29 de Jun, 2022
    A UVigo súmase á Red de Universidades por la Diversidad
    Local

    A UVigo súmase á Red de Universidades por la Diversidad

    28 de Jun, 2022
    O Dúo Amazonas rende homenaxe ás mulleres do ‘street art’ cun mural que xa loce en Salceda de Caselas
    Salceda de Caselas

    O Dúo Amazonas rende homenaxe ás mulleres do ‘street art’ cun mural que xa loce en Salceda de Caselas

    28 de Jun, 2022

    Más Vistos

    Un local de Nigrán y otro de Redondela, en la lista de mejores terrazas y chiringuitos para el verano

    Un local de Nigrán y otro de Redondela, en la lista de mejores terrazas y chiringuitos para el verano

    por David Lorenzo
    29 de Jun, 2022
    0

    Una recreación en 3D muestra cómo eran la Praza de América y As Travesas de Vigo con tranvías y cocheras

    Una recreación en 3D muestra cómo eran la Praza de América y As Travesas de Vigo con tranvías y cocheras

    por Redacción
    26 de Jun, 2022
    0

    Vigo se suma a la moda de las fiestas silenciosas con una noche ibicenca en Beade

    Vigo se suma a la moda de las fiestas silenciosas con una noche ibicenca en Beade

    por Redacción
    28 de Jun, 2022
    0

    Tres detenidos, uno de ellos herido, en una pelea con machetes en el montaje de las fiestas de Coia

    Tres detenidos, uno de ellos herido, en una pelea con machetes en el montaje de las fiestas de Coia

    por Redacción
    30 de Jun, 2022
    0

    -

    El Festival Latitudes de Vigo agota sus abonos más baratos en una hora

    por David Lorenzo
    01 de Jul, 2022
    0
    El Festival Latitudes de Vigo agota sus abonos más baratos en una hora
    Música

    Vigo ha acogido con los brazos abiertos la celebración del Festival Latitudes. Era el único evento musical, dentro de los...

    Leer mas

    Los solpores gastronómicos por la ría de Vigo vuelven con más aforo y menú actualizado

    por David Lorenzo
    01 de Jul, 2022
    0
    Los solpores gastronómicos por la ría de Vigo vuelven con más aforo y menú actualizado
    Gastronomía

    Vuelve a Vigo el evento veraniego ‘Solpor a Bocados’, organizado por la Asociación Vigo Gastronómico, que realizará el martes 5...

    Leer mas

    Abierto el plazo de ayudas para rehabilitar, comprar o alquilar vivienda

    por Redacción
    28 de Jun, 2022
    0
    Abierto el plazo de ayudas para rehabilitar, comprar o alquilar vivienda
    Vivienda

    Rehabilitación de viviendas, renovación de fachadas, o ventanas, redacción de proyectos técnicos o incluso la compra de vivienda habitual en...

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado

    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

    Non-necessary

    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.

    GUARDAR Y ACEPTAR