• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    miércoles, 1 de febrero de 2023
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • O edificio do Cintecx, na Universidade de Vigo, terá un xemelgo virtual

    Esa réplica dixital permitirá controlar en tempo real a calidade do aire do interior das instalacións, incluíndo parámetros como os niveis de dióxido de carbono, temperatura, humidade ou gas radon
    Redacción por Redacción
    03 de Mar, 2020
    en Ciencia y Tecnología
    0
    O edificio do Cintecx, na Universidade de Vigo, terá un xemelgo virtual
    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    O MTI, sede do Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais (Cintecx) da Universidade de Vigo, converterase antes de finais de ano no primeiro edificio da institución académica cun xemelgo dixital. Será unha réplica virtual realizada a imaxe e semellanza do propio edificio, o que facilitará o control en tempo real da calidade do aire do interior das instalacións, incluíndo parámetros como os niveis de dióxido de carbono, temperatura, humidade ou gas radon,  factores clave para garantir as cuestións relacionadas coa saúde e a eficiencia enerxética destas instalacións. Este traballo é a proposta gañadora do Desafío Cintecx 2020, un concurso de ideas e proxectos financiado por Cintecx con 25.000 euros, cantidade que se destinará integramente ao desenvolvemento deste proxecto.

    Coordinada polo investigador Enrique Granada, do Grupo de Tecnoloxías Enerxéticas, esta proposta levarase a cabo ao longo dos vindeiros meses e consistirá na representación dixital de múltiples vistas do Módulo Tecnolóxico Industrial. En particular o xemelgo dixital centrarase no andar -1 do edificio, onde están instaladas un gran número de infraestruturas empregadas polos grupos de investigación do Cintecx, centro adscrito ao campus de especialización do Vigo Tecnolóxico, e facilitará a monitoraxe de todas as condicións ambientais do edificio.

    A proposta involucra a dous grupos de investigación do Cintecx, o Grupo de Tecnoloxía Enerxética, GTE, e o Grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas, Geotech, e fomenta a colaboración con outras entidades do sector privado, como son as empresas Insitu, Soltec e Norlean. “Este foi o primeiro ano desta idea innovadora e os grupos de investigación enviaron propostas moi interesantes”, salienta José Luis Martínez Lastra, director do centro, ao tempo que explicou que nesta primeira edición dos Desafíos Cintecx se elixiu como temática os xemelgos dixitais, unha decisión que veu motivada pola tendencia existente no sector industrial da dixitalización dos procesos. “Un compoñente importante de todo ese proceso de dixitalización é precisamente a creación de réplicas dixitais que permiten recrear o posible comportamento deses produtos, servizos, sistemas… e así ver que podería acontecer baixo determinadas situacións de estrés do sistema”, explicaron desde o centro.

    O Grupo de Tecnoloxías Enerxéticas será o encargado de desenvolvemento e instalación de catro dispositivos fixos que se montarán en diferentes puntos das paredes para monitoraxe ambiental. “A maiores durante arredor de catro semanas imos colocar tamén un dispositivo móbil, localizado nun pequeno carriño cunha barra vertical de arredor de 180 centímetros”, explica o profesor Enrique Granada, que fixo fincapé na importancia de combinar ambos sistemas de monitoraxe, o fixo e o móbil, para poder chegar a predicir a calidade do aire en calquera punto do edificio.

    No caso do grupo GeoTech, “o traballo vai consistir en xerar os modelos xeométricos dixitais que van servir de base para soportar todo o proceso de dixitalización do sistema”, explica o director do grupo, o profesor Pedro Arias, quen subliñou que, entre outras, se empregarán algunhas das últimas tecnoloxías dixitais como son os sensores Lidar (Light Detection and Ranging).

    Colaboración de varias empresas e de Ageinco
    A maiores no proxecto colabora tamén a empresa Insitu, spin-off da UVigo, que será a encargada de montar o sistema de cámaras dirixidas a controlar o movemento de persoas dentro do edificio (cantas saen, cantas entran, en que estancias hai movementos, en cales non…) e as firmas Soltec, especializada na realización de auditorías enerxéticas, e a súa spin-off Norlean, centrada especificamente en cuestións relacionadas co xemelgo dixital.

    Dispositivo móbil que se vai empregar para a toma de datos. / Foto: DUVI

    “No caso de Soltec imos encargarnos da definición de parámetros relacionados coa eficiencia enerxética do edificio, e no de Norlean de realizar as simulacións para poder navegar polas diferentes estancias de xeito dixital”, explicou José Mª Alonso, director de I+D destas firmas. Aos grupos de investigación e a estas empresas sumarase  tamén Ageinco, a Asociación galega de empresas de enxeñaría, consultaría e servizos tecnolóxicos, que colaborarán en todo o relacionado coa difusión á contorna industrial dos diferentes avances que se consigan no proxecto.

    Divulgando Ciencia Singular
    Esta foi a primeira edición do Desafío Cintecx, un concurso aberto á participación de todos os grupos de investigación do centro e no que se valora especialmente a colaboración con persoal investigador doutros equipos de traballo, tanto da UVigo como externos. De cara a como será a elección da temática do vindeiro ano, desde a dirección do centro adiantan que a semana do 6 de xullo terá lugar a Summer Camp e, entre outras actividades, reuniranse para a súa constitución as dúas comisións asesoras do Cintecx: a científica e a industrial, entre cuxas funcións están a elección da temática do Desafío 2021”. A maiores, esa semana tamén se amosará o avance do proxecto gañador do Desafío 2020 e haberá dúas conferencias relacionadas coa Industria 4.0.

    Un dos dispositivos que se vai empregar no proxecto. / Foto: DUVI

    A versión final do proxecto gañador darase a coñecer o próximo outono coincidindo cunha nova edición de Divulgando Ciencia Singular, programa de actividades de divulgación científica e tecnolóxica á sociedade dos centros singulares de investigación da Universidade de Vigo (Centro de Investigación Mariña, atlanTTic, Cinbio e Cintecx).

    Tags: CintecxUVigoxemelgo virtual

    RelacionadosArtículos

    La UVigo quiere una residencia estudiantil en Pontevedra y valorará las posibilidades del Provincial
    Local

    La UVigo quiere una residencia estudiantil en Pontevedra y valorará las posibilidades del Provincial

    31 de Ene, 2023
    O catedrático da UVigo Martín Llamas Nistal, novo presidente da IEEE Education Society
    Ciencia y Tecnología

    O catedrático da UVigo Martín Llamas Nistal, novo presidente da IEEE Education Society

    26 de Ene, 2023
    A UVigo concede 17 axudas que impulsan o nacemento dunha nova xeración de emprendedores
    Local

    A UVigo concede 17 axudas que impulsan o nacemento dunha nova xeración de emprendedores

    25 de Ene, 2023
    O químico ruso Nicholas A. Kotov converterase no 29º doutor honoris causa pola Universidade de Vigo
    Local

    O químico ruso Nicholas A. Kotov converterase no 29º doutor honoris causa pola Universidade de Vigo

    24 de Ene, 2023
    A UVigo alíase con Telespazio para impartir un mestrado dual pioneiro en España en tecnoloxía xeoespacial
    Local

    A UVigo alíase con Telespazio para impartir un mestrado dual pioneiro en España en tecnoloxía xeoespacial

    23 de Ene, 2023
    UVigo Motorsport remata o proceso de deseño do UM23 e encara a fase de fabricación
    Motor

    UVigo Motorsport remata o proceso de deseño do UM23 e encara a fase de fabricación

    20 de Ene, 2023

    Más Vistos

    Cierra la histórica Panadería Florida de Vigo, activa desde 1974: “Nos hemos visto ahogados”

    Cierra la histórica Panadería Florida de Vigo, activa desde 1974: “Nos hemos visto ahogados”

    por Raquel F. Novoa
    27 de Ene, 2023
    0

    Caballero anuncia el regreso de los conciertos de Carnaval y avanza que hay “bastantes cerrados” para Castrelos

    Caballero anuncia el regreso de los conciertos de Carnaval y avanza que hay “bastantes cerrados” para Castrelos

    por Redacción
    27 de Ene, 2023
    0

    Navia crece más allá del PAU: nuevo edificio de 38 viviendas en condominio con solarium y piscina

    Navia crece más allá del PAU: nuevo edificio de 38 viviendas en condominio con solarium y piscina

    por Redacción
    29 de Ene, 2023
    0

    Abre en Vigo el ‘escape room’ al aire libre de Humor Amarillo, el más grande de Europa

    Abre en Vigo el ‘escape room’ al aire libre de Humor Amarillo, el más grande de Europa

    por Raquel F. Novoa
    25 de Ene, 2023
    0

    Vigo repite en la ‘Guía Michelin’ de los cócteles: Vitter Bar revalida su título por tercer año

    por Redacción
    31 de Ene, 2023
    0
    Vigo repite en la ‘Guía Michelin’ de los cócteles: Vitter Bar revalida su título por tercer año
    Gastronomía

    Vigo no se baja del listado Top Cocktail Bars, el ranking de las mejores coctelerías de calidad de España y

    Leer mas

    Detenido en Vigo tras quedarse dormido en el coche con 23 envoltorios de cocaína encima

    por Europa Press
    31 de Ene, 2023
    0
    Detenido en Vigo tras quedarse dormido en el coche con 23 envoltorios de cocaína encima
    Sucesos

    Agentes de la Policía Local de Vigo han detenido a un vecino de la ciudad, de 46 años, como presunto

    Leer mas

    Matamá monta su Entroido con gastronomía, música y concurso de disfraces con premios en metálico

    por Redacción
    31 de Ene, 2023
    0
    Matamá monta su Entroido con gastronomía, música y concurso de disfraces con premios en metálico
    Local

    La celebración de San Blas en Bembrive es la más inminente en Vigo, pero las fiestas no se organizan de

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR