• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    martes, 9 de agosto de 2022
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • O curso de especialista en ciberseguridade industrial da Uvigo conclúe a súa primeira edición

    A inscrición e a matrícula para unha nova edición desta formación, única en Galicia, está aberta ata setembro
    Redacción por Redacción
    15 de Jul, 2022
    en Ciencia y Tecnología
    0
    O curso de especialista en ciberseguridade industrial da Uvigo conclúe a súa primeira edición
    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    A primeira edición do Curso de especialista en ciberseguridade industrial clausurou este venres a súa primeira edición, unha estrea marcada pola boa acollida desta formación única en Galicia, que conseguiu cubrir todas as prazas. O edificio Miralles acolleu o acto de peche que contou coa participación do vicerreitor de Planificación e Sostibilidade, José Luis Míguez, e o director do curso, José Ignacio Armesto e con tres relatorios formativos da man de José Ramón Castro Silva, director xeral de Digital Industries de Siemens sobre os retos da industria na España 5.0; Juan Jesús Pardo Expósito, director técnico e de negocio de Tecdesoft, que falou sobre ciberseguridade industrial e habilidades e, para pechar, Antonio Fernandes, cybersecurity manager de Finsa, que se centrou no cibercrime e a industria.

    Este curso, que se insire dentro da oferta académica da Escola Aberta de Formación Permanente, naceu para tender pontes entre o perfil formativo industrial e o das tecnoloxías da información e as comunicacións nun contexto de dixitalización das plantas industriais, tratando de dar resposta ás necesidades do mercado laboral, que demanda para a Industria 4.0 profesionais cun maior nivel de cualificación tecnolóxica.

    Na apertura do acto, o vicerreitor quixo agradecer a colaboración das empresas nesta iniciativa, xa que a docencia recae por unha banda en profesorado das escolas de Enxeñería Industrial e de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo e, por outra, e profesionais de compañías como Siemens, Muutech, Microsoft, Inprosec, Gadisa, Accenture, Nueva Pescanova ou Tecdesoft Automation. Míguez recalcou a importancia de que o tecido empresarial achegue á Universidade coñecemento e experiencia de primeira man, algo imprescindible en formacións especializadas coma esta. Pola súa banda, Castro Silva, director xeral de Digital Industries de Siemens, felicitou os 30 estudantes que hoxe rematan o curso e lembroulles que “tedes por diante un futuro laboral moi potente e oportunidades que, ata o momento, non virades. Sodes os pioneiros, nunhas circunstancias especiais marcadas pola covid, e agora tedes a misión de seguir abrindo o camiño para que o resto vos siga. Non vos esquezades de que estades facendo historia”, concluía.

    Balance positivo

    O coordinador do curso, José Ignacio Armesto, fai un balance “moi positivo” desta primeira edición, “cuxas probas de avaliación e presentación dos traballos de fin de curso estanse a desenvolver entre esta semana e a próxima”. O feito de ter cuberto todas prazas que se ofertaban é consecuencia, destaca, de que en Galicia non existía ningunha formación específica no eido da ciberseguridade na contorna industrial, a pesar de que o informe Galicia 2030: Proposta de novas titulacións para o SUG sinala este sector como un dos nichos laborais de futuro.

    Tamén o alumnado amosou a súa satisfacción coa formación adquirida e, en nome dos 30 estudantes que forman esta primeira promoción, interveu no acto Pablo Casal, traballador da Digamel. Recoñecía que foron sete meses “durísimos compaxinando o traballo diario, as clases semanais, as prácticas, o proxecto final e a vida familiar” pero “todas e cada unha das horas invertidas neste curso mereceron a pena. Levámonos uns coñecementos e unhas experiencias que poderemos aplicar nas nosas empresas e suporán un distintivo no noso currículo”.

    Unha necesidade do tecido empresarial

    O curso está orientado a actualizar os coñecementos dos profesionais do eido industrial e tamén formar novos especialistas. E é que un tecido industrial cada vez máis conectado, tanto horizontal como verticalmente, precisa de profesionais que poidan facer fronte aos novos riscos e vulnerabilidades e adoptar as medidas de protección necesarias para evitar ciberataques, perdas na propiedade industrial das compañías ou mesmo a paralización da produción.

    A docencia, totalmente virtual a través e Campus Remoto, centrouse en achegar ao alumnado coñecementos e competencias relacionados co coñecemento da falta de ciberseguridade nas contornas industriais e os enormes riscos que iso implica; cos principais organismos xeradores de boas prácticas e normativas de aplicación nas distintas contornas industriais; saberán como aplicar a ciberseguridade nos distintos niveis das fábricas, utilizando as últimas tecnoloxías habilitadoras da industria 4.0; terán capacidade para deseñar e despregar arquitecturas de control industrial de forma cibersegura e axudar a mitigar os riscos asociados á implantación de novas tecnoloxías na industria; e serán quen de seleccionar, configurar e xestionar diversas tecnoloxías comerciais de vangarda na industria no ámbito das comunicacións, virtualización de equipos, monitoraxe de infraestruturas, ‘firewalls’ de nova xeración, detección de intrusións, xestión de eventos e información de seguridade.

    Perfil do alumnado

    Na primeira edición do curso matriculáronse 30 persoas, cubrindo todas as prazas ofertadas no curso. Boa parte do alumnado (27) son profesionais de empresas como Cablerías Group, Maviva, Coren, VW Navarra, Digamel, Amara, Ceamsa, Endesa e Iturcemi e, atendendo á procedencia, 22 eran galegos e o resto doutras partes de España e de Latinoamérica con titulacións de Enxeñaría Industrial, Enxeñaría de Telecomunicación, Enxeñaría Informática, Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais ou ciclos superiores.

    Novidades para a próxima edición

    A principal novidade de cara ao próximo curso é que a docencia se desenvolverá entre setembro e xuño a razón de 10 horas de docencia síncrona por semana. “Este ano foi entre xaneiro e xuño con 15 horas por semana” e isto resultou demasiado complicado en termos organizativos para o alumnado, recoñece Armesto. Ademais, Feuga tamén ofrece unha bolsa que financia case na súa totalidade o prezo de matrícula para a persoa seleccionada.

    A inscrición para o curso 2022-2023 está aberta ata o 10 de setembro e a matrícula ata o 15 do mesmo mes.

    Tags: CiberseguridadeUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    El agua en las Rías Baixas, a diferencia del Mediterráneo, se mantiene a 15 grados
    Medio Ambiente

    El agua en las Rías Baixas, a diferencia del Mediterráneo, se mantiene a 15 grados

    04 de Ago, 2022
    Dous docentes da UVigo, nominados aos Premios Educa entre os mellores de España
    Local

    Dous docentes da UVigo, nominados aos Premios Educa entre os mellores de España

    03 de Ago, 2022
    A UVigo pecha os seus centros, dependencias e instalacións entre o 4 e o 19 de agosto
    Local

    A UVigo pecha os seus centros, dependencias e instalacións entre o 4 e o 19 de agosto

    02 de Ago, 2022
    Música, ciencia, cultura, deporte e moita información nas xornadas de benvida ao alumnado da Uvigo
    Local

    Música, ciencia, cultura, deporte e moita información nas xornadas de benvida ao alumnado da Uvigo

    01 de Ago, 2022
    Aberto o prazo para solicitar os premios aos mellores expedientes do alumnado de mestrado da UVigo
    Local

    Aberto o prazo para solicitar os premios aos mellores expedientes do alumnado de mestrado da UVigo

    29 de Jul, 2022
    Adiada a aprobación dos cambios no Grao en Publicidade na procura de acordo sobre as linguas
    Local

    Adiada a aprobación dos cambios no Grao en Publicidade na procura de acordo sobre as linguas

    28 de Jul, 2022

    Más Vistos

    Los tres detalles por los que el concierto de Sting en Vigo hizo historia

    Los tres detalles por los que el concierto de Sting en Vigo hizo historia

    por Raquel F. Novoa
    07 de Ago, 2022
    0

    Por qué Tanxugueiras rompió a llorar en pleno directo en Vigo: «Isto é incrible»

    Por qué Tanxugueiras rompió a llorar en pleno directo en Vigo: «Isto é incrible»

    por Raquel F. Novoa
    30 de Jul, 2022
    0

    Sting versus Nathy Peluso

    Sting versus Nathy Peluso

    por Octavio Beares
    07 de Ago, 2022
    0

    La Pepita Burger Bar abre a pie de playa

    La Pepita Burger Bar abre a pie de playa

    por Redacción
    08 de Ago, 2022
    0

    Sting versus Nathy Peluso

    por Octavio Beares
    07 de Ago, 2022
    0
    Sting versus Nathy Peluso
    Música

    En el concierto de Sting en Castrelos la noche de ayer servidor asistió sin acreditación, mezclado en la abundante masa...

    Leer mas

    Los tres detalles por los que el concierto de Sting en Vigo hizo historia

    por Raquel F. Novoa
    07 de Ago, 2022
    0
    Los tres detalles por los que el concierto de Sting en Vigo hizo historia

    El 6 de agosto de 2022 amaneció a las 7:32 horas en Vigo. El manto de niebla sobre el mar...

    Leer mas

    La joya a vela de un difunto oligarca ruso, cautivada por la playa nudista más famosa de la ría de Vigo

    por Redacción
    06 de Ago, 2022
    0
    La joya a vela de un difunto oligarca ruso, cautivada por la playa nudista más famosa de la ría de Vigo
    Marítima

    Pocas playas hay en Galicia como el arenal nudista más conocido de la ría de Vigo: Barra. Y pocos barcos...

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado

    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

    Non-necessary

    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.

    GUARDAR Y ACEPTAR