• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    domingo, 29 de enero de 2023
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • Luis Liz Marzán regresa á UVigo para pór en marcha un novo laboratorio de investigación

    A incorporación se producirá como catedrático a tempo parcial, cargo que compatibilizará co seu traballo no CIC biomaGUNE. O reitor amosou a súa satisfacción pola volta dun “científico de máximo prestixio internacional"
    Redacción por Redacción
    16 de Mar, 2022
    en Ciencia y Tecnología
    0
    Luis Liz Marzán regresa á UVigo para pór en marcha un novo laboratorio de investigación

    Reigosa e Liz, este mércores en Vigo. / Foto: DUVI

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    “O profesor Luis Liz Marzán, científico de máximo prestixio a escala internacional, volve a ser catedrático da Universidade de Vigo”. Así de rotundo e satisfeito se amosou o reitor Manuel Reigosa este mércores na rolda de prensa na que se anunciou o regreso á institución académica viguesa de quen durante 17 anos, de 1995 a 2012, fora xa docente –catedrático desde 2006- e director do grupo de investigación de Química Coloidal, referencia no deseño de novos materiais con aplicacións biomédicas. Regresa como catedrático a tempo parcial, cargo que compatibilizará co seu traballo no CIC biomaGUNE do País Vasco, onde exerceu ata o pasado mes de xaneiro como director científico e xefe do grupo Ciber-BBN.

    A reincorporación farase efectiva desde a vindeira semana e, desde xa, arrancarán os preparativos para a posta en marcha dun novo grupo de investigación que terá como sede o Centro de Investigacións Biomédicas, Cinbio, da Universidade de Vigo. Así se explicou está mañá nunha comparecencia que tivo lugar no edificio Redeiras e na que, tanto o reitor como Liz, amosaron a súa satisfacción por un regreso que foi posible, tal e como recalcaron ambos, grazas á colaboración económica da Xunta de Galicia, “que sempre amosou a súa dispoñibilidade a facilitar o regreso de investigadores de primeiro nivel e, neste caso, moi especialmente, porque se retoma unha colaboración dunha persoa que xa era catedrática da UVigo”, recalcou Reigosa.

    Un novo laboratorio

    Ademais da colaboración do executivo galego, Luis Liz agradeceu o interese do equipo reitoral da UVigo no seu regreso, algo que, tal e como admitiu, foi posible, tras deixar o pasado mes de xaneiro a dirección científica do CIC biomaGUNE, un dos centros de investigación de excelencia en nanomedicina, despois de case dez anos ao fronte do centro e tras acadar a maior parte das metas que se formulara a súa chegada ao País Vasco. “Esta incorporación á Universidade de Vigo vaime permitir, por unha banda, reforzar as colaboracións que nunca deixei de ter con algúns dos investigadores da Universidade e, ademais, diversificar un pouco máis as liñas de investigación que teño activas neste momento”, recalcou o científico, quen explicou que, inicialmente, montará un grupo de investigación propio co financiamento achegado pola Xunta e, a partires de aí, arrancará a busca de financiamento competitivo co que reforzar ese laboratorio.

    A idea de Liz Marzán é empregar o seu novo grupo de investigación na Universidade de Vigo para intensificar unha liña de traballo pola que se leva interesando nos últimos catro-cinco anos e que xira en torno ao deseño de materiais imitando á natureza, o que se chaman materiais biomiméticos,  algo que, segundo explicou, non é especialmente novidoso na comunidade científica pero que, no caso da súa investigación sobre nanomateriais xurdiron desenvolvementos recentes relacionados co que se chama materiais quirais, “caracterizados porque non teñen simetría de reflexión, algo similar ao que acontece coas mans, que son imaxe especular pero que non se poden superpoñer unha enriba da outra”. Isto, explicou, en materiais inorgánicos é bastante novidoso e no mundo nanométrico ten bastantes posibilidades de obter propiedades moi interesantes. A partir dese concepto buscará desenvolver novos materiais que teñan propiedades de interese, sobre todo no campo biomédico, “pero quizais non soamente aí”.

    En canto ao equipamento deste novo laboratorio, Liz Marzán subliñou que será necesario reforzar a microscopía electrónica, “que foi moi potente no seu momento na Universidade de Vigo, pero cuxos equipos agora están xa un pouco obsoletos”, e de espectroscopía específica para este tipo de materiais.  Para pór en marcha todo isto contratarase persoal en período de formación e, “máis adiante”, tentarase reforzar con outro tipo de contratacións. A idea é, segundo indicou Liz, iniciar xa os procesos de contratación para que, unha vez o laboratorio estea listo, a finais do verán, poida xa arrancar a súa actividade con normalidade.

    “Un pracer e un orgullo”

    Na súa intervención Manuel Reigosa fixo fincapé en que nestes intres a investigación na Universidade de Vigo é unha prioridade e goza de boa saúde, de feito, subliñou que nos dous últimos anos, acadáronse, pese á pandemia, cifras récord de publicacións en revistas de máximo nivel, algo que achacou ao feito de contar  “cun cadro de investigadoras e investigadores moi potente e comprometido” e a que se está a artellar a investigación a través de centros, institutos e agrupamentos, “o que facilita que os resultados sexan cada vez mellores”. Dentro de toda esta estratexia, o reitor fixo fincapé en que a captación de investigadores de primeiro nivel é unha liña prioritaria “persoas que nos poidan levar a un  nivel superior”. Nesta liña, salientou que “é un pracer e un orgullo volver contar con Luis Liz”, amosándose convencido de que a súa chegada servirá de polo de atracción para captar novo persoal investigador de alto nivel e que tamén se botará man da súa experiencia como directo científico do CIC biomaGUNE, onde logrou que o centro acadase a acreditación como unidade de excelencia María de Maetzú, algo ao que tamén aspiran os diferentes centros de investigación da Universidade de Vigo, “e no que estou seguro que a experiencia de Luis nos vai ser de moita axuda”.

    Primeiro galego en lograr unha Advanced Grant

    Luis Liz é un dos científicos máis citados do mundo e así se reflicte nas listaxes que publica anualmente Clarivate Analytics, antiga rama da axencia Thomson Reuters dedicada á propiedade intelectual e á ciencia. Primeiro investigador galego en obter, no 2011, unha prestixiosa axuda Advanced Grant do Consello Europeo de Investigación, ERC, financiada con 2,3 millóns de euros, a día de hoxe Liz Marzán  é un dos contados investigadores europeos que logrou acceder a estas axudas en dúas ocasión consecutivas (2012-2017;2018-2023), ambas relacionadas con aplicacións biomédicas de nanomateriais.

    O pasado mes de outubro ingresou na Real Academia de Ciencias Exactas, Física y Naturales de España, un recoñecemento máis nunha prolífica traxectoria profesional salpicada de premios e distincións, entre eles, o Premio Fundación Lilly de Investigación Biomédica (2021), o Premio Nacional Enrique Moles de Ciencia y Tecnología Químicas (2018), ou o Premio Rey Jaime I en Investigación Básica (2015).

    Á espera de máis candidaturas para as eleccións

    Ante as preguntas dos medios de comunicación sobre o proceso electoral que terá lugar en maio para elixir ao reitor e aos membros do Claustro, Reigosa recoñeceu que agarda que antes de que este venres remate o prazo, se presente algunha outra candidatura. “Sería bo para a institución que houbese máis por varias razóns. Por unha banda, porque sempre hai xente que non está de acordo coas liñas xerais que estamos desenvolvendo e sería moi bo que isto se verbalizase, se presentasen en público e tivésemos debate. Por outra banda, isto tamén permite que exista un debate na comunidade universitaria, do que todos saímos gañando”.

    No caso de que a súa fose á única opción, o reitor explicou que o proceso electoral continuará sen cambios, “a modo de plebiscito”, como se recolle tanto nos actuais Estatutos como nos anteriores. En ambos textos, recalcou, establécese que no caso de candidatura única “esta terá que acadar máis votos positivos que negativos”. De feito, lembrou Reigosa, en España existen catro sistemas diferentes para elixir aos reitores, tendo a Universidade de Vigo, xunto con Almería ou Xaén, o sistema que, ao seu entender, ten “máis garantías democráticas”. Para o actual reitor, o feito de que se permita o voto negativo no caso dunha candidatura única, “reflicte mellor o sentir da comunidade universitaria, xa que se non se obteñen máis sis que nons, non tes o referendo da comunidade”.

    Tags: Luis Liz MarzánManuel ReigosaUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    O catedrático da UVigo Martín Llamas Nistal, novo presidente da IEEE Education Society
    Ciencia y Tecnología

    O catedrático da UVigo Martín Llamas Nistal, novo presidente da IEEE Education Society

    26 de Ene, 2023
    A UVigo concede 17 axudas que impulsan o nacemento dunha nova xeración de emprendedores
    Local

    A UVigo concede 17 axudas que impulsan o nacemento dunha nova xeración de emprendedores

    25 de Ene, 2023
    O químico ruso Nicholas A. Kotov converterase no 29º doutor honoris causa pola Universidade de Vigo
    Local

    O químico ruso Nicholas A. Kotov converterase no 29º doutor honoris causa pola Universidade de Vigo

    24 de Ene, 2023
    A UVigo alíase con Telespazio para impartir un mestrado dual pioneiro en España en tecnoloxía xeoespacial
    Local

    A UVigo alíase con Telespazio para impartir un mestrado dual pioneiro en España en tecnoloxía xeoespacial

    23 de Ene, 2023
    UVigo Motorsport remata o proceso de deseño do UM23 e encara a fase de fabricación
    Motor

    UVigo Motorsport remata o proceso de deseño do UM23 e encara a fase de fabricación

    20 de Ene, 2023
    A Uvigo aumenta as súas bolsas de protección internacional
    Local

    A Uvigo aumenta as súas bolsas de protección internacional

    19 de Ene, 2023

    Más Vistos

    Cierra la histórica Panadería Florida de Vigo, activa desde 1974: “Nos hemos visto ahogados”

    Cierra la histórica Panadería Florida de Vigo, activa desde 1974: “Nos hemos visto ahogados”

    por Raquel F. Novoa
    27 de Ene, 2023
    0

    Vigo embrujado

    ‘El Pilar’, una fantasía de los Alpes en el centro de Vigo

    por Eduardo Rolland
    21 de Ene, 2023
    0

    Abre en Vigo el ‘escape room’ al aire libre de Humor Amarillo, el más grande de Europa

    Abre en Vigo el ‘escape room’ al aire libre de Humor Amarillo, el más grande de Europa

    por Raquel F. Novoa
    25 de Ene, 2023
    0

    Caballero anuncia el regreso de los conciertos de Carnaval y avanza que hay “bastantes cerrados” para Castrelos

    Caballero anuncia el regreso de los conciertos de Carnaval y avanza que hay “bastantes cerrados” para Castrelos

    por Redacción
    27 de Ene, 2023
    0

    Abre en Vigo el ‘escape room’ al aire libre de Humor Amarillo, el más grande de Europa

    por Raquel F. Novoa
    25 de Ene, 2023
    0
    Abre en Vigo el ‘escape room’ al aire libre de Humor Amarillo, el más grande de Europa
    Local

    El próximo 4 de marzo Vigo acoge a una nueva propuesta de ocio única hasta la fecha: el 'escape room'

    Leer mas

    Doce rutas gratuitas (y sencillas) por Vigo y Cangas para recorrer con niños y mascotas

    por David Lorenzo
    27 de Ene, 2023
    0
    Doce rutas gratuitas (y sencillas) por Vigo y Cangas para recorrer con niños y mascotas
    Salud

    El programa Camiño a Camiño cerró su última entrega el pasado otoño, pero los amantes de las caminatas y el

    Leer mas

    Vigo “redescubrirá” la San Silvestre en Carnaval: la carrera se celebrará el 19 de febrero

    por David Lorenzo
    27 de Ene, 2023
    0
    Vigo “redescubrirá” la San Silvestre en Carnaval: la carrera se celebrará el 19 de febrero
    Atletismo

    Ya hay fecha para recuperar la carrera de San Silvestre en Vigo, que el pasado 31 de diciembre tuvo que

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR