• VigoÉ
  • MAPA de Contagios y Restricciones Vigentes

    Consulta los mapas de contagios y restricciones covid en Galicia.
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    domingo, 7 de marzo de 2021
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A UVigo ‘capta’ sete novos investigadores distinguidos en España e no estranxeiro

    A modalidade de atracción pretende traer a Galicia científicos "de recoñecido prestixio" para que se incorporen ao sistema universitario galego por un período de catro anos
    Redacción por Redacción
    04 de Nov, 2020
    en Ciencia y Tecnología
    0
    A UVigo ‘capta’ sete novos investigadores distinguidos en España e no estranxeiro
    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    Aínda que con retraso por mor da pandemia, a Xunta de Galicia fixo pública esta semana a resolución de investigadores seleccionados no programa de atracción e retención de talento. Ao seu abeiro, a Universidade de Vigo poderá incorporar sete expertas e expertos distinguidos referentes en eidos científicos que a institución buscar potenciar.

    A convocatoria, que se lanzou este ano por primeira vez con estas características, é para a vicerreitora de Investigación, Belén Rubio, unha iniciativa que se debería manter no futuro, “xa que sitúa o sistema de investigación galego entre un dos máis atractivos para desenvolver a carreira profesional dos investigadores novos”.

    O programa oferta dez prazas na modalidade de atracción de talento e cinco para retención para as tres universidades, con contratos por un período de catro anos. A UVigo, con catro e tres investigadores seleccionados respectivamente, conseguiu unha taxa de éxito do 40% nunha modalidade e do 60% noutra, o que Belén Rubio valora “moi positivamente”. A vicerreitora explica que estes resultados son froito do “traballo levado a cabo na selección dos candidatos que presentou a UVigo” a esta convocatoria, xa que cada centro de investigación e agrupación estratéxica “tivo a responsabilidade de captar os mellores candidatos para os contratos de atracción e claramente o conseguiron”. Así, os novos investigadores “veñen a reforzar a estrutura de estes centros que xa son excelentes”. Mentres, os resultados na modalidade de retención, engade, “reflexan a aposta da UVigo pola excelencia tamén nos seus programas de retención, onde nos últimos anos deuse continuidade a aqueles investigadores e investigadoras de posdoutoramento cos mellores currículos”.

    Catro novos investigadores na modalidade de atracción de talento

    A modalidade de atracción pretende traer a Galicia científicos «de recoñecido prestixio» para que se incorporen ao sistema universitario galego por un período de catro anos. O importe da axuda é de 91.000 euros que se reparten entre os 50.000 euros de soldo e outros 40.000 euros para a liña de investigación. Para acceder a un destes postos, as e os investigadores deberon acreditar un mínimo de catro anos de experiencia de posdoutoramento, dos cales dous deben ser de estadía no estranxeiro. Os candidatos, sinala a vicerreitora, foron previamente seleccionados pola Universidade en función das necesidades existentes e o interese por reforzar ámbitos vinculados ao CIM, Cinbio e atlanTTIc e a agrupación estratéxica Ecobas. “Temos grandes expectativas nestes perfís dos novos profesionais que se incorporarán á UVigo e que veñen a cubrir aspectos que queremos potenciar dende a Universidade”.

    Os investigadores que se incorporarán en próximas datas á Vigo nesta modalidade son catro. Por unha banda, José Luis Izquierdo, actualmente no Departamento de Química en Ciencias Farmacéuticas da Universidad Complutense de Madrid onde traballa no eido das aplicacións da imaxe biomédica. Outro dos seleccionados é Mario Pansera, investigador italiano, actualmente na Universitat Autónoma de Barcelona, onde desenvolve unha investigación que ten como obxectivo analizar como sería unha sociedade capaz de prosperar sen necesidade dun crecemento económico continuo. Pansera tamén foi seleccionado no programa de bolsas Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC), que ten como obxectivo que novas e novos investigadores destacados poidan crear os seus propios equipos de traballo e desenvolver liñas de investigación pioneiras. O terceiro experto que chegará á UVigo é Juan Ramón Troncoso, formado na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade viguesa, que actualmente desenvolve a súa carreira profesional na École Polytechnique Fédérale de Lausanne. Regresará a Vigo para seguir traballando en criptografía aplicada, procesamento da sinal e seguridade multimedia. Finalmente, na modalidade de atracción tamén está Iván Franco, procedente da Universidade de Helsinki, onde desenvolve proxectos sobre ecoloxía das praias areosas, a influencia dos grandes procesos oceanográficos, o funcionamento do ecosistema, a perda de biodiversidade e especies invasoras e as variables de cambio climático e as súas interaccións e modificacións do funcionamento do ecosistema. Franco ten publicado traballos con investigadores da Universidade de Vigo como Mariano Lastra ou Celia Olabarría, xa que aquí estudou Ciencias do Mar, así como os estudos de mestrado e doutoramento.

    Tres especialistas que continuarán na UVigo, na modalidade de retención de talento

    A modalidade de retención ten como finalidade «promocionar» o persoal que na actualidade está xa vinculado ás universidades galegas nos campus de especialización ou en áreas de coñecemento estratéxicas.  Para iso, a Xunta de Galicia achega 71.000 euros, divididos en 50.000 euros de salario e 20.000 euros para a investigación, para cada un dos seleccionados, durante un período máximo de catro anos. Os requisitos esixen catro anos de experiencia de posdoutoramento e estar acreditado como profesor contratado doutor pola Aneca ou a Acsug. Explica a vicerreitora que “son a nosa aposta dende o principio, formáronse na casa e realizaron estadías en centros internacionais de prestixio, onde se especializaron e construíron relacións con outros investigadores”. Precisamente pola súa traxectoria, engade, “a UVigo non pode perder esta experiencia e especialización, pretendemos non desperdiciar o que xa investimos para evitar que finalmente acabemos exportando ao estranxeiro investigadores con grande experiencia”.

    No marco da modalidade de retención de talento, quedarase na UVigo Francisco Javier Pena, investigador do Departamento de Química Analítica e Alimentaria, onde estuda aspectos como miniaturización e preparación de mostra; microextracción; química analítica verde; espectrometría atómica e molecular e detección non instrumental. Sandra Martínez é outra das investigadoras que a UVigo retén. Especialista en ecoloxía mariña e oceanografía biolóxica, traballa actualmente no Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal. Finalmente, Iria Fernández tamén continuará desenvolvendo o seu traballo no Laboratorio de Filoxenómica, centrándose na xenómica mariña.

    Tags: UVigo

    RelacionadosArtículos

    Noches húmedas en la Universidade de Vigo
    Más Vigo

    Noches húmedas en la Universidade de Vigo

    06 de Mar, 2021
    A UVigo é designada como a universidade máis transparente de España
    Local

    A UVigo é designada como a universidade máis transparente de España

    04 de Mar, 2021
    El Cunqueiro recibe a un centenar de estudiantes de Ingeniería Biomédica
    Salud

    El Cunqueiro recibe a un centenar de estudiantes de Ingeniería Biomédica

    04 de Mar, 2021
    Telefónica y UVigo muestran la aplicación del 5G a la producción de vídeo y al coche conectado
    Ciencia y Tecnología

    Telefónica y UVigo muestran la aplicación del 5G a la producción de vídeo y al coche conectado

    04 de Mar, 2021
    A UVigo abre o primiero Foro Tecnolóxico de Emprego con ofertas de 39 empresas
    Recursos humanos

    A UVigo abre o primiero Foro Tecnolóxico de Emprego con ofertas de 39 empresas

    03 de Mar, 2021
    A Universidade dispón de 156 novos postos de lectura no centro de Vigo para o alumnado a partir da vindeira semana
    Local

    A Universidade dispón de 156 novos postos de lectura no centro de Vigo para o alumnado a partir da vindeira semana

    16 de Ene, 2021

    Más Vistos

    Vigo ya tiene su esquela más irreverente para la colección de despedidas «diferentes»

    Vigo ya tiene su esquela más irreverente para la colección de despedidas «diferentes»

    por Redacción
    27 de Feb, 2021
    0

    Las obras para unir el Centro Vialia con Vía Norte cortarán el tráfico en la zona durante un mes

    El Centro Vialia de Vigo anuncia la llegada de cuatro nuevas firmas

    por Redacción
    01 de Mar, 2021
    0

    Motos camufladas de la Guardia Civil imponen 25 sanciones a pilotos en carreteras de la provincia

    Motos camufladas de la Guardia Civil imponen 25 sanciones a pilotos en carreteras de la provincia

    por Redacción
    03 de Mar, 2021
    0

    Ramos se lleva los secretos de sus roscones a Teis

    Ramos se lleva los secretos de sus roscones a Teis

    por Julio Alonso
    28 de Feb, 2021
    0

    La receta de BonPollo

    https://www.youtube.com/watch?v=1dBLoFx3G44

    El «Camaleón» de Samil ya tiene fecha de desaparición

    por Redacción
    05 de Mar, 2021
    0
    El Concello de Vigo planea montar una cafetería similar al Marina Cíes en la zona del Camaleón
    Local

    El establecimiento "Camaleón", ubicado en el paseo de Samil, ya cuenta las horas para su desaparición. El alcalde de Vigo,...

    Leer mas

    Interceptada en Vigo una bici de reparto modificada con un acelerador para circular a 50 km/h

    por Redacción
    05 de Mar, 2021
    0
    Interceptada en Vigo una bici de reparto modificada con un acelerador para circular a 50 km/h
    Sucesos

    Agentes de la Policía Local de Vigo han interceptado en las calles de la ciudad una peculiar bicicleta de reparto...

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Create New Account!

    Fill the forms below to register

    All fields are required. Iniciar sesión

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    ¡NO sigas este enlace o serás bloqueado en este sitio!
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necesarias
    Siempre activado

    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

    No necesarias

    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.