Durante a presentación da renovación do acordo para o Goberno da Diputación, sescretario provincial do PSOE, destacou o traballo dos traballadores e traballadoras para propiciar o cambio que se levou a cabo xa no pasado mandato. “Atopamos unha Deputación no século XIX e pasamos a unha deputación moderna, do século XXI, transparente, participativa…”, e idiocou que foron quen de erradicar os fondos de libre disposición que tiñan os anteriores presidentes e facer unha política baseada na cidadanía, nas veciñas e veciños. “Desalouxouse desta casa a arbitrariedade, o caciquismo e fíxose un modelo exemplar, un exemplo do que hai que facer tamén en Galicia, dentro duns meses, cando sexan as eleccións. Un cambio de esquerdas é posible”, indicou. Para Regades está demostrado que “cando os partidos de esquerdas nos unimos somos serios, responsables es este acordo é a antesala do pacto de goberno que vai haber dentro duns meses na comunidade autónoma para desaloxar o Partido Popular do Goberno Autonómico. É un exemplo de boa xestión e transparencia», asegurou.
En concreto, o acordo supón que os socialistas asuman a cooperación cos concellos, cultura, cohesión social e mocidade, igualdade, deportes, infraestruturas e vías provinciais, turismo, emprego e promoción económica, réxime interior, facenda ou transición ecolóxica e medio ambiente.
O BNG será o responsable do Museo de Pontevedra e os arquivos, a xestión dos residuos, mobilidade alternativa e espazos públicos, cooperación transfronteiriza, patrimonio histórico e etnográfico e normalización lingüística.
Es mércores elixirase á presidenta, que seguirá sendo Carmela Silva, e César Mosquera seguirá como vicepresidente.