Unha persoa particular contactou co 112 Galicia ás 23:45 horas da pasada noite para dar a voz de alarma. Indicou que o home non sabía nadar ben.
No Centro de Atención ás Emerxencias do 112 púxose en marcha un operativo de rescate. Informouse da situación a Salvamento Maríritimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, a Urxencias Médicas e á Policía Local. No dispositivo tamén participaron efectivos de Protección Civil e da Policía Local.
Salvamento Marítimo mobilizou aos helicópteros Pesca 1 e Helimer 205 e a embarcación Salvamar Sargadelos. Urxencias Médicas, pola sua banda, enviou unha ambulancia. Ademais, os efectivos de Protección Civil peitearon a zona nunha embarcación. Finalmente, o cadáver foi localizado nas inmediacións do porto e recuperado dende terra.